Enfado e rexeitamento entre os alumnos pola xestión da Xunta e as universidades sobre o curso

Un grupo de alumnos de preto dunha trintena de titulacións universitarias emitiron un comunicado para trasladar a súa indignación pola situación que viven durante a crise sanitaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2020 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

As decisións tomadas tanto pola Xunta como polas universidades galegas xeraron preocupación e rexeitamento entre o alumnado, sobre todo ante a incógnita sobre o proceso de avaliación e o proceso que se levará a cabo cos exames.

Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Ao longo das pasadas xornadas, sindicatos e asociacións de alumnos como Erguer ou Anega pediron claridade aos responsables destas institucións, tanto sobre a selectividade como para que se tomen decisións sobre os exames e sobre o mantemento ou non do curso académico.

Este mércores, un grupo de alumnos de preto dunha trintena de titulacións universitarias emitiron un comunicado para trasladar a súa indignación pola situación que viven durante a crise sanitaria.

Neste sentido, solicitan que se establezan alternativas á avaliación habitual ou que se tomen decisións sobre as datas dos exames antes de concluír o mes.

Doutra banda, CIG-Ensino, Anpas Galegas e Erguer emitiron unha petición conxunta á Consellería de Educación para convocar un foro galego de debate que permita analizar a situación do sistema educativo ante o COVID-19.

Outras entidades sindicais, como FeSP-UXT e ANPE, pediron estas xornadas que tamén se aclare a postura definitiva sobre as oposicións en Galicia, que a Xunta decidiu manter á espera de que o Goberno central tomase unha decisión sobre a prórroga do estado de alarma, dado que Pedro Sánchez xa manifestou a súa intención de ampliar esta medida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta