O Software libre en Galicia (1ª Parte)

Hai semanas que vimos recabando información sobre a situación da traducción ao galego do Openoffice, asi como as iniciativas que, dende a Xunta e, especialmente, de persoas e entidades desinteresadas se teñen feito para galeguizar o software libre. Nestas investigacións temos atopado de todo; xente que nos ten brindado toda a colaboración e outros, os menos, que nos teñen aportado consellos intimidatorios. Denden logo, Galiciaconfidencial, como ven facendo ata o de agora, non se vai deixar intimidar por ninguén. Esta é o primeiro artigo doutros que chegarán nos vindeiros días....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/05/2006 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

No ano 1991 un estudiante finlandés, Linus Torvalds difundiu por Internet o código fonte dun Sistema Operativo que bautizou como Linux como resultado do seu proxecto de fin de carreira baixo a licencia de Richard Stallman, a GPL (General Public License).

En Galicia o proceso é máis recente. Dende o 2000 e ata a data naceron varios grupos que traducían programas do tipo "libres" (a maioría para Linux) ao galego; 'Ceibe', 'Trasno' e 'Galego21'. Galego21 foi promovido por Ramón Flores, profesor da Universidadede Santiago (Físicas - Dispositivos Optoelectrónicos), para traducir todos os programas que fora posible ao galego (opción de mínimos). En Trasno, Jorge Rivas fai o mismo, ainda que que cunha normativa distinta a de mínimos. Ceibe naceu só para traducir o Openoffice con Roberto Abalde e, de novo, Jorge Rivas.

Hai moita máis xente traballando en Trasno, algo que se pode comprobar nos estados das traduccións, onde figuran os seus nomes. Galego21, que se tiña debilitado últimamente, ao igual que Trasno, foi relanzado este ano por Abalde para a traducción de multitude de programas.(Navegador Firefox, correo Thunderbird...). Tamén hai moita máis xente traballando para traducir programas; Xabier García con KDE e Nacho Resacon Gnome. É dicir, que é xente que, dalgún ou doutro xeito, levan traballando desinteresadamente nisto, xuntos ou por separados, dende hai máis de seis anos.

¿Que ten pasado na actualidade?

Empresas e administracións viron o filón e comprobaron que no software libre queda, aínda, moito traballo por facer e aí é onde entra, entre outras, Imaxin ou a Xunta, a través do Cesga. Deste xeito actúan como un traductor dos que xa había; collen o código fonte de Openoffice.org da páxina do Openoffice, recollen os traballos xa feitos, engádenlle traduccións e xurde OpenOffice2 en galego. Todo dun xeito profesional, nun galego normativo, e por case 120.000 euros.

Segundo as fontes consultadas o traballo de traducción dalgún destes voluntarios é máis grande que o feito por algunha das empresas implicadas nestes proxectos. Así, cando un programa "libre" se deseña por primeira vez, o seu mantemento é realizado por voluntarios, polo que a tarefa non é moi complicada. Por iso, as empresas xeneran ficheiros de traducción que xa veñen separados ".po" e executan o Openoffice con eles.

E, nestas, é cando xurde "mancomun.org", un programa do Cesga, dependente da Consellería de Innovación e Industria, que pretende sustituir a Galego21, Trasno, Ceibe e todo o que xa había feito antes de xeito desinteresado. Dende este departamento propónselle a esta xente que abandonen os nichos iniciais e se unan ao proxecto financiado pola Xunta.

Ademáis, o Cesga ultima un contrato coas asociacións de Usuarios Linux de toda Galicia :

GLUG (Grupo usuarios linux de Galicia),

GALPON (Grupo usuarios Linux Pontevedra),

AGNIX (Grupo usuarios de A Coruña), de onde ten saido algún cos impulsores desta iniciativa, ou;

Inestable, (Grupo de usuarios de Ordes), entre outros.

Segundo esta proposta, os grupos implicados poden percibir 4.000 euros ao ano, pero isto obligalles a organizar as mesmas conferencias (unha ou duas ao ano) e, desta vez, con carteis onde figure "financiado polo Cesga e a Xunta". Segundo as fontes consultadas "ha llegado una nueva generación del Cesga en donde el software libre ahora ya es guai y pueden meter mano todo lo que quieran, porque los que

curraban en él hasta ahora están digregados".

Por iso, sinalan que, é probable, que este sistema proposto pola Xunta "fracase" porque a xente que traballa nisto o fai de balde e non lles gusta "nada" a concentración nun só poder. De feito, a forza do software aberto radica, precisamente, en que non depende dun punto central, senon que é un traballo distribuido. "Se un punto falla, queda o resto para sacalo adiante", comenta outra das expertas consultadas.

Deste xeito, están convencidos de que para que "mancomun.org" progrese, haberá que ceder o control aos voluntarios para establecer un sistema democrático onde o "control rote". "Mentres o control esté nunha empresa determinada ou nun grupito de políticos, os voluntarios, que son os que teñen traballado, van pasar mogollón, seguro", aseguran unha das fontes consultadas. "¿Por qué no se financia lo que ya hay? ¿Por que no le dan pasta a Trasno o a Galego21?...Porque seguirían siendo independientes, y lo que mola es el control, la fama y el poder adjudicar concursos con dinero público", aseguran outros.

Neste sento, temen que o seguinte paso que se de é que todo o software en galego esté financiado pola Xunta e non se recoñeza o traballo feito ata agora. De feito, en "mancomun.org" este agradecemento é case inexistente e só se reduce a un par de persoas. Tamén apuntan que, probablemente, unha empresa privada será a encargada de rematar todo o software que hai xa traducido e se convirtiría na "empresa oficial de traducción" da Xunta, "como, de feito, está xa acontecendo".

"Mentres non houbo perspectivas de negocio os de Linux eran todos uns matados e era millor traducir Microsoft Office XP ou Windows. Agora resulta que isto interesa empresarialmente e no Cesga xa hai 14 persoas adicadas ao software libre, que colaboran con empresas privadas, que son as que, logo, levan os cartos públicos", queixase a mesma experta.

En resume:

- Moitos anos de voluntariado sen nengún apoio, igual que empresas que levan anos desenvolvendo o software libre: Ozono, Igalia, Novocentro e todas as que se pode atopar no libro blanco do software libre...

- Tamén outras empresas que traballan con software libre; dinahosting, todas as que fan webs con PHP e MySQL...e moitas máis...

- Todos eles (voluntarios e empresas) levan anos criticando e pedindo a colaboración das administracións.

- Chega o novo goberno e, en lugar de apoiar a estes voluntarios e empresas, "cómeas"...

- Os voluntarios todos a "Mancomun.org" e as empresas, detrás do Cesga, que, é quen, finalmente, quere facerse co "pastel", xunto con outras empresas interesadas. Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Pepiño

Xoandb, non se ciñe o comentario aos méritos de Imaxin, que os ten (ben, iso está por ver, porque encarga os traballos a profesores da Uni de Vigo, filólogos case sempre) senón ao proceder da nova administración co portal mancomun.org e o magno-proxecto (iso din, que vai ser grande) de pórse a facer polo software libre toda canta marabilla se pode (mesmo traducir sen falar cos actuais responsabeis altruistas das traducións) cando en realidade o pretexto é abonar un campo novo de negocio (nin eso, porque están só a favorecer empresas do lobby BNG, mesmo empresas cuios antigos administradores son os que agora proxectan todo este conxunto de subvencións, concursos e intencionalidades puramente capitalistas e caciquís)

5 xoandb

Moi bonito todo, pero fállavos a argumentación nun punto fundamental:

Criticábades que Imaxin traducise Windows XP ao galego co goberno Fraga. Agora criticades que traduza OpenOffice co BNG.

Non sei cantos socios ten Imaxin, pero para que se sosteña o que dicides do enchufismo e nepotismo (o de que a nosa vida a controlan as empresas dos fillos dos nacionalistas xa é, como diría Solana, delirium tremens) deben ser como minimo 2: un fillo dun cargo do PP e un fillo dun cargo do BNG.

Eu penso, se Imaxin gañaba os concursos co goberno do PP e os segue gañando cos gobernos do BNG, non será máis fácil pensar que é a empresa de referencia neste campo e a que máis experiencia ten? Non será envexa o que propicia tanto comentario malicioso?

4 Xosé Castro

Pero que pensabades, inocentes? Que o actual goberno psoe-nazionalistas ía ser unha ong calquera. Pois claro que non...
Os políticos, no peor sentido da palabra, teñen familia, amigos, e tamén amantes, aos que manteren. Por tanto, o mellor é usar os vellos métodos da dereita para perpetuarse no poder, que diso se trata. Ademais, todos sabemos que o poder nin se crea nin se destrúe, só se transforma. E agora eles reciclan, que está de moda...
En resumo... Os nosos impostos seguen a servir para dar de comer a unha morea interminable de ladróns, de chourizos e de mangantes. Iso sí, hoxe teñen un certo pedigrí progre e nazionalista.
Que se vaian á merda!

3 Carlos

Hai que agradecer que saia á luz este novo xeito de facer política por parte de xente que, presumiblemente, debería amosar un comportamento distinto ao que tiñan os anteriores gobernantes. Non é de recibo que se utilice o poder político para obter beneficios persoais. O sistema consiste en crear unha empresa na que non se necesite demasiado capital social e a continuación ofrecerlle os seus servizos aos concellos. Dito así parece algo difícil pois do contrario todos poderian optar a esta saída. Sen embargo a cuestión non é tan doada. Precísase unha “recomendación” como se dicia antes. Debe estar gobernando un partido político co que a empresa formada estea identificada. Sendo así o éxito esta garantido. Aínda que o servizo prestado sexa de dubidosa utilidade. Por exemplo, alguén pode xustificar un traballo que leve por título “Aplicación intranet para a consulta dos indicadores das cualificacións” ou “activación da participación como metodoloxía innovadora de xestión e mellora organizativa, como vía de desenvolvemento sociocomunitario e como finalidade democrática de implicación e corresponsabilización da cidadanía nas decisións colectivas."?
Inxénuos debiamos ser ao pensar que o caciquismo estaría desterrado no momento en que un goberno de esquerdas (perdón, que se di de esquerdas) accedera ao poder. Claro que non nos faltaban razóns pois ao fin e ao cabo o lema principal das suas mensaxes electorais era o archicoñecido caciquismo. Mais a realidade é moi cabrona e demóstranos que estas prácticas antidemocráticas non son patrimonio da dereita fraguista senón de todos aqueles que anhelan o poder para beneficiarse persoalmente.

Proliferan unha serie de empresas creadas por xoves procedentes das filas do BNG, moitos deles fillos de antigos cargos públicos deste partido, que ofrecen servizos tan inútiles como absurdos aos concellos que queiran contratalos. E por suposto que o consiguen; sobre todo, ou mellor, case exclusivamente, por parte dos concellos gobernados polos nacionalistas que agora se amosan como unha forza capaz de asumir os vellos métodos da dereita. Hai si unha diferencia, o perceptor da axuda. Pero no fundamental as coincidencias son totais: o diñeiro público vai a encher os petos de empresas privadas sen contrapartidas necesarias.

Non só o traballo desenvolvido é innecesario as máis das veces. Noutros casos ofrécense para planificar a política dos concellos como se dunha empresa privada se tratase. Crean así unha nova figura: a do funcionario privado. Un xeito de privatizar o poder público. Peor: as políticas de esquerdas planificadas por empresas privadas. Porque os principais valedores destas empresas son, e foron, os concellos de Ferrol, Santiago, Pontevedra, ...

Resultado: estase creando un lobby que, incidindo na política do país, tenta sacar proveito persoal. Xa non son os organismos democráticamente elexidos polos cidadáns os que ditan as pautas a seguir na administración dos bens públicos. Agora trátase de grupos perfectamente organizados como empresas privadas os que deciden o noso futuro. Isto non é novo. Temos exemplos coñecidos e moi sangrantes: banca, construtoras, petroleiras... A novidade reside neste caso na orixe destas iniciativas, e dicer no entorno do BNG.

Algúns exemplos destas “axudas” ás novas empresas galegas: a xa comentada subvención millonaria (23 millóns das antigas pesetas) por un traballo de tradución ( do que se sabia de antemán o nome da empresa beneficiada), 63.000 € por un estudo de necesidades da comarca do Eume (Axenda 21)...

Pero non son as únicas. Hai outro modelo de empresa que tamén se beneficia desta política de amiguismo ou de afinidade cromática co poder: as que se adican a elaborar os Planos de Urbanismo dos concellos. Algún dos propietarios destas empresas ocupan cargos na actual administración autonómica; iso si, deixando, momentaneamente, o posto na sua empresa. Un exemplo: Pino , da Consultora.

2 Carlos