"Aburriame", explica tras cuadriplicar a taxa de alcoholemia e incumprir o confinamento

A Garda Civil interceptou a outros dous condutores incumprindo o confinamento en Videferre (Ourense) e A Gudiña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2020 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil interceptaron a un veciño de Verín que circulaba borracho no seu vehículo e cuadriplicando a taxa de alcoholemia. En concreto, o condutor foi sorprendido esta madrugada por un control no quilómetro 1 da N-532, no centro urbano do municipio, incumprindo as medidas de confinamento decretadas con motivo da alerta sanitaria. "Aburriame", explicou.

Cando os axentes lle preguntaron pola súa xustificación, o home manifestou que se aburría de estar encerrado no seu domicilio e que se dirixía a casa dun amigo "a tomar algo". O condutor xa fora denunciado previamente por incumprir o confinamento o pasado 21 de marzo.

Doutra banda, un veciño de Oímbra foi sorprendido en Videferre bébedo ao volante o 9 de abril sobre as 22,00 horas, e denunciado por condución temeraria e alcoholemia positiva, tras tentar fuxir dos axentes da Garda Civil.

Control de alcol e drogas realizado pola Garda Civil.. GARDA CIVIL
Control de alcol e drogas realizado pola Garda Civil.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta