Denuncian que a empresa Grupo Norte debe a nómina de marzo aos traballadores da central do 061

O sindicato CIG e Esquerda Unida instan á Xunta a tomar medidas contra a compañía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2020 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O sindicato CIG e a formación política Esquerda Unida denunciaron que a empresa Grupo Norte debe a nómina do mes de marzo aos traballadores da central de coordinación de emerxencias sanitarias do 061, que opera desde o municipio pontevedrés da Estrada.

Operadores do 061.
Operadores do 061.

En senllos comunicados emitidos este martes alertan de que Grupo Norte, concesionaria do servizo desde o ano 2017, non pagou aos seus empregados no 061 a nómima de marzo, polo que instan á Xunta a tomar medidas contra a compañía e protexer aos traballadores.

A CIG afirma que esta falta de pagamento se produce despois de "reiteradas ameazas con non pagar as nóminas" dos traballadores de atención telefónica. Ademais, a central nacionalista asegura que a compañía non responde os correos electrónicos enviados polo comité de empresa, ao que, din, bloqueou nas redes sociais.

Pola súa banda, Esquerda Unida demanda explicacións á Xunta sobre esta situación nun centro de traballo no que, como lembra a coordinadora nacional de EU, Eva Solla, producíronse varias mobilizacións dos traballadores contra a concesionaria, a última no mes de xaneiro para protestar contra as "ameazas" de falta de pagamento.

"Estamos a falar dun servizo esencial que debería ser de xestión pública. A Xunta mantén, a través da Fundación do 061, ao persoal que atende as chamadas en permanente inestabilidade, pasando pola xestión das diversas concesionarias de telemárketing, con habituais incumprimentos de acordos", asegurou Solla.

A vicepresidenta segunda da Cámara durante a última lexislatura en Galicia preguntouse "de que serve aplaudir" cada día ao persoal de urxencias "se despois manténselle estas condicións", polo que insta á Xunta a cubrir as nóminas dos empregados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta