Feijóo podería suspender a celebración das eleccións ata o 2021

Advirte que habería que "improvisar un escenario legal" se finaliza a lexislatura e non se poden convocar de novo os comicios. A oposición critica que utilice esta pandemia de xeito electorilista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou que "cumprirá co compromiso" de convocar ao resto de partidos para "reflexionar" sobre cal é "a mellor data e a máis segura" para celebrar as eleccións galegas, unha cita coas urnas que espera que poida convocarse en 2020, --legalmente non podían ser despois do mes de setembro-- , xa que o contrario obrigaría a "improvisar un escenario legal".

Preguntado acerca de se seguirá os pasos do lehendakari vasco, Iñigo Urkullu, e convocará en breve unha mesa de partidos para ver a data dos comicios, Feijóo ratificou que "cumprirá" o compromiso adquirido e que, ademais, certifica o decreto polo que se suspenderon os comicios inicialmente previstos para o 5 de abril, por mor da crise sanitaria do coronavirus.

Urkullu emprazou aos partidos ao 14 de maio, mentres que Feijóo, que  dixo que debían convocarse no momento de "maior seguridade sanitaria", insistiu en que "aínda hai tempo para esta posta en común".

"CANDO TEÑA ALGO QUE DICIR, DIREINO"

"Por iso dixen que, cando teña algo que contar ou que dicir, direino, empezando polos partidos", esgrimiu aínda que os principais grupos da oposición criticaron este xoves que o presidente galego utilice esta crise de xeito electoralista e non fale con eles para nada deste tema. Tamén se reafirmou en que espera que as eleccións se poidan celebrar en 2020 porque chegar a finais desta lexislatura, no arranque do próximo outono, sen unha nova cita á vista, suporía "improvisar un escenario legal" na Comunidade.

Ata o momento, Feijóo, a diferenza de Urkullu, evitou pronunciarse sobre o horizonte de xullo, pero tampouco pechou ningunha porta.

Feijóo preside o Consello da Xunta. DAVID CABEZÓN - XUNTA DE GALICIA
Feijóo preside o Consello da Xunta. DAVID CABEZÓN - XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Xabrega

Ca maquinaria propagandística da rtvg as 24 horas lambéndolle o cu e o Xacobeo artellado pra ser omnipresente no 2021 máis os massmedia subvencionados e unha oposición perdida temos frijol ata a vindeira e definitiva pandemia. Galicia dep.

1 galegoexiliado

Se un gobero de esquerda disolve o Parlamento e se nega a convocar eleccions a Prensa del Movimiento e os políticos do PPOX xa estarían a falar de Golpes Estado e de ditaduras comunistas. Non entendo eu que si podemos estar todo o dia na rua, facendo deporte, paseando, paseando ós cativos, paseando ó can, indo o super, indo a polo pan, indo a por tabaco, volvendo pola tarde ó super, volvendo por mais pan... pero non podemos dar un paseiño de dez minutos pa votar. O sr Nuñez equivocouse de virus, e está a frear o virus da Democracia que tan mal lle senta ós franquistas.

1 José

Feijoo sabe que un goberno central que sobreviva a unha crise como esta está preparado para quitarlle o poder a calquera, en Galicia ou en Murcia. O tempo que tarde en convocar elecións é tempo que lle rouba a algo inexorable: a sua morte política. Marcha para casa co deber cumprido, Gallaecia delenda est.