Pontón anuncia que o BNG non se opón a prorrogar o estado de alarma

A dirixente nacionalista advirte, en todo caso, que isto non pode servir para "políticas de recentralización" e insiste en crear unha mesa de diálogo para lograr un acordo de país para saír da crise

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2020 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, manifestou que a súa formación non se opón a que se prorrogue o estado de alarma, pero entende que "si hai que rectificar erros" e evitar "políticas de recentralización". "Hai que facer un desconfinamiento seguro e adaptado á realidade de Galicia", salientou, para indicar que o Goberno central "debe aceptar que está a errar e debe dialogar".

Ademais, insistiu este luns en crear unha mesa consensuada na Cámara, na que participen forzas políticas, axentes sociais e todos os sectores capaces de achegar propostas co fin de deseñar a recuperación económica e social de Galicia, tras a pandemia polo coronavirus.

"Necesitamos un potente plan económico para acompañar a desescalada porque non podemos pasar unha crise sanitaria a outras situacións que tamén se escriben con 'pe' de pandemia: precariedade, paro e pobreza", sinalou en rolda de prensa virtual este luns tras a reunión da dirección da formación nacionalista.

Pontón, que criticou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "ten conxelado o diálogo en Galicia" e "prefire quedar na crítica", insistiu en que é preciso un acordo para un programa de reactivación económica no que o BNG está "a traballar a través da comisión de expertos creada hai un mes".

As liñas que se deben seguir son as de impulsar o tecido produtivo, non rescate á banca, aposta estratéxica pola ciencia de base, pola investigación e polo coñecemento, fortalecer os servizos públicos e superar o modelo que "mercantiliza" os coidados, así como unha estratexia contra o cambio climático.

A Portavoz Nacional Do BNG, Ana Pontón, En Rolda de prensa Este Luns 4 De Maio. BNG
A Portavoz Nacional Do BNG, Ana Pontón, En Rolda de prensa Este Luns 4 De Maio. BNG | Fonte: Europa Press

EDUCACIÓN

Por outra parte, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) solicitou ao Ministerio de Educación e Formación Profesional que estenda o prazo para a solicitude de bolsas do próximo curso "para garantir que o alumnado non se vexa prexudicado por posibles atrasos na cualificación de parte das materias" tras o adiamento e atraso de exames que provocou a pandemia do coronavirus.

O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, pediu ao Ministerio que dirixe Isabel Celaá que tome "as medidas oportunas para evitar discriminacións daqueles de alumnos e alumnas que no momento da convocatoria 2020-2021 aínda non houberen obtido unha cualificación en materias do curso anterior".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Marcoos

Un erro estratéxico

2 Gamela

Se lle dera unha patada no cú e a mandara de volta a Neguri... teríamos bolsas dabondo para os que quixeran estudar unha carreira universitaria... pero as señoritingas da marxe dereita do Nervión parécelles ca Nova Normalidade consiste en "publicar decretos" (?) UPG a prol do Estado de Excepción UPG UPG UPG ! (Vendidos!)

1 Riuriu

O BNG, o máis fiel lacaio de Pedro Sánchez.