A Xunta gasta case un millón de euros en máscaras co seu logo para repartir entre pensionistas e parados

A medida chega cando Feijóo pensa convocar eleccións en xullo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/05/2020 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Estamos en recesión, en grave crise económica, e a pesar diso, a Xunta deciciu gastar diñeiro en máscaras envoltas nun plástico co logo da Xunta. Unha circunstancia que se produce cando o presidente galego baralla convocar as eleccións en xullo deste ano.

Máscaras co logo da Xunta
Máscaras co logo da Xunta | Fonte: remitida

Segundo puido confirmar Galicia Confidencial, estas máscaras co logo da Xunta foron distribuídas nas farmacias para repartir de xeito gratuíto entre determinados colectivos. A Consellería de Sanidade confirma que son para repartir entre o colectivo de pensionistas, parados e colectivos en risco de exclusión.

Así, lembran que esta medida aprobouse no Consello da Xunta do pasado día 24 de abril que acordou a distribución de máscaras cirúrxicas entre os pensionistas con rendas inferiores a 18.000 euros ao ano e perceptores de rendas mínimas de inserción e parados sen prestación de desemprego entre outros colectivos.

A Xunta distribuirá preto de 2,2 millóns destas máscaras cirúrxicas, repartidas en 719.000 paquetes, no marco desta iniciativa que conta cun orzamento de 952.187 euros. O reparto será tres máscaras de xeito gratuíto nas oficinas de farmacia para aquelas persoas que aporten na tarxeta sanitaria o 0% e o 10%, contribuirá á protección das persoas con maior vulnerabilidade aos efectos do COVID-19 e permitirá que poidan dispoñer de máscaras cirúrxicas para cando se inicie o desconfinamento. Con esta inciativa a Xunta prevé  beneficiar a 718.562 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

17 Anxiña

Flipo é que flipo, propaganda electoral pagada cos cartos de tódolos galegos en vez de investilos en campañas de reparto de alimentos ou calquera cousas para as personas socialmente vulnerables. Isto da auténtico noxo 🤑🤑🤑

16 MMG59

Yo soy parada de larga duración y tampoco me las dan. Y me han dicho que las mascarillas las ha enviado el gobierno central para distribuir, pero que el Sr. Feijoo las ha mandado envasar con el logo de la Xunta, gastando más de un millón de euros en ello. Con ese dinero podría distribuir mascarillas para todos. Pero están próximas las elecciones y la mayoría de sus votantes son pensionistas.

1 Sgomez

¿Sería tan amable de citar la fuente por la cual afirma que esas mascarillas proceden del gobierno central? Muchas gracias.

15 Andrea

Para parados no son... Mi cuñado esta en paro con tres hijos y mi hermana no trabaja..y no le toca..y yo estoy en erte y tampoco..asi que...

14 Maria__

Hai que ir facendo campaña, non vaia ser

13 Cesar

Lo que si es vergonzoso es que no las reparta el gobierno central gratuitas. La Xunta por lo menos se las da a quien no tiene dinero para pagar los timos que permitió PSOE y podemos...por mascarillas gel hidroalcolico, alcohol, etc ...

1 Anxiña G5s

E logo o millón de euros pagados en poñer o logotipo nos paquetes ¿non sería millo gastarlos para acción precisamente para os colectivos mais vulnerables?