Por Galicia Confidencial | Arteixo | 23/05/2020 | Actualizada ás 20:08
Os servizos Salvamento Marítimo tiveron que rescatar este sábado a un home que practicaba kitesurf cando foi arrastrado pola corrente na praia de Sabón, no concello coruñés de Arteixo. O 112-Galicia explicou que o kitesurfista se atopou en apertos e por este motivo foi necesaria a intervención de Salvamento Marítimo.
Foi preto das 15,15 horas cando un particular alertou aos servizos de emerxencias que un home estaba a ser arrastrado pola corrente e pedía axuda preto do dique.
Nese momento, os xestores alertaron a Salvamento Marítimo e estes mobilizaron ao helicóptero Helimer e á embarcación Salvamar Betelgeuse. Ademais, informouse o Servizo de Gardacostas de Galicia, aos servidos sanitarios e aos axentes da Garda Civil, por se fose necesaria a súa intervención.
Por terra, formaron parte do dispositivo a Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade. Finalimente, o kitesurfista foi rescatado ileso polo helicóptero Helimer e evacuado ata o Aeroporto de Alvedro, na Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.