Morre José Posada, impulsor do galego na empresa

Foi o primeiro en usar o galego no Parlamento europeo, ex presidente de Caixa Ourense e secretario da Irmandade dos Viños Galegos.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 14/01/2013 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

Este luns morreu José Posada, un dos empresarios máis significados na defensa da lingua galega. Posadas foi o primeiro eurodeputado en utilizar o galego na Cámara Europea, onde estivo entre 1993 e xullo de 1994 como representante de Coalición Galega. Volvería novamente á UE en 1999.

José Posadas
José Posadas | Fonte: Marrón Glacé

Nacido en Vigo, en 1940, estivo sempre ligado a Ourense. Foi director de Caixa Ourense entre o 1984 e 1987 e destacado empresario, sobre todo, na apertura de novos mercados. Foi responsable da empresa dedicada á exportación de produtos agrícolas Cuevas e Cia. S.L, de 1962 a 1989. Desde 1989, director de Arposa, empresa adicada, tamén, á exportación. Tamén presidiu o Consello de Administración de Droyper --Distribución de Produtos de Drogaria e Perfumaria) e socio xerente dos Consellos de Administración de Arpon, S.L. e Marrón Glacé, S.L.

Escribiu diversos artigos na prensa galega sobre enoloxia e gastronomía e foi tamén secretario da Irmandade dos Viños Galegos. Era socio de honra da Agal desde 2005 e tamén membro de CxG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

11 pinchorla

Creo que non é un desacerto dicir que foi un gran peso pesado á hora de potenciar as posibilidades de Galiza dende a súa tarefa diaria de unha empresa Galega.Ogallá houbera máis pobo como él.

10 galego

Vaise un bo e xeneroso, fique en paz. Unha aperta a familia.

9 Valentín Carrera

Bo e xeneroso, inmenso na amizade. Hoxe é un día triste.

8 Xurxo

O de que foi nas listas de "Compromiso por Galicia" e que era membro do seu Consello político non o dicides, claro

1 anllons

Xa estades os chirripitiflauticos marxinais outravolta orneando .respetade este espazo. Ide chatear a tribu.

2 anllons

Xa estades os chirripitiflauticos marxinais outravolta orneando .respetade este espazo. Ide chatear a tribu.

3 Xanti

Era afiliado de Compromiso, iso sabeo todo o mundo. Foi das poucas persoas de Coalición Galega que sempre foi sinceiro e sempre se mantivo nesa mesma liña política, por iso ingresou en Compromiso.

4 Un pouco farto

Non é o momento, nin o lugar de poñerse a berrar se era dos de Beiras, dos de Jorquera ou dos de Báscuas. Ás veces non sabedes respectar nin o máis sagrado dunha persoa que é a súa morte. E digoo tamén para os que oubean cando morren outros bos e xenerosos como Ceferino Díaz

5 Xanti

Mi mah, dende cando é delito dicir a afiliación política de alguen, e mais respostando a alguen que denigra esa mesma afiliación. O_o Eu as veces e que flipoo ca xente.

6 anllons

Xanti, é que o comentario de Xurxo é un tanto ambiguo, certo que non sei por onde vai, critíca ou ensalza? Polo que a mín respecta claro.

7 Singular

É Posada e não "Posadas". Uma grande perda para este país.