Detido un patrulleiro de Aduanas destinado en Vilagarcía por presuntos chivatazos a narcotraficantes

A investigación comezou porque o "elevado tren de vida" do sospeitoso non se correspondía cos ingresos que declaraba. No momento da detención, levaba enriba 370.000 euros en metálico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2020 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional en colaboración con Vixilancia Aduaneira detiveron en Madrid a un funcionario de Aduanas destinado nun patrulleiro en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) por supostos vínculos co narcotráfico.

Patrulleiro de Aduanas tipo Fénix
Patrulleiro de Aduanas tipo Fénix | Fonte: wikipedia.org

Os axentes están a investigar a posibilidade de que filtrase información a narcos ou de que xogase "outro rol" na organización do clan Santórum, responsable dunha operación na que foron intervidos 4.500 quilos de cocaína no Atlántico.

Así o informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que relataron que a policía tíñalle collida a pista dende "había dous anos" polo seu "nivel de vida non acorde cos ingresos declarados".

Ante este "tren de vida elevado", con movementos patrimoniais "estranos desde hai dous anos", destacaron as mesmas fontes, este funcionario, membro da tripulación dun patrulleiro en Vilagarcía, foi vixiado.

A súa detención produciuse este pasado mércores en Madrid cando o home, que acudira acompañado á capital supostamente a xestións persoais, se desprazou a un domicilio no que lle foi entregado un paquete. Pouco despois os axentes detivérono con 370.000€ en efectivo.

REXISTROS EN AROUSA

Este xoves realizáronse rexistros na zona de Arousa nunha vivenda relacionada co funcionario arrestado, nos que se acharon "elementos que reforzan os vínculos" deste "co narcotráfico", apuntaron as mesmas fontes.

POSIBLES FILTRACIÓNS

As mesmas fontes consultadas por Europa Press aclararon que este funcionario, polo seu destino na tripulación dun patrulleiro, non tiña acceso á base de datos de pescudas e non investigaba operacións contra o narcotráfico, pero que si acudía a despregamentos relacionados con estas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta