O primeiro de xullo reabrirán as oficinas de emprego en Galicia

A renovación automática da demanda seguirá vixente ata o 30 de setembro para evitar desprazamentos innecesarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2020 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

As 54 oficinas de emprego da Comunidade galega abrirán de novo ao público o próximo 1 de xullo, despois de estar pechadas desde a declaración do estado de alarma pola COVID-19.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria informou este domingo de que, para garantir as plenas condicións de seguridade, a Xunta elaborou unha guía de recomendacións específica para estes centros, o que serviu de base para desenvolver un plan de continxencia para a reapertura, cun investimento de preto dun millón de euros en adaptación da rede de oficinas.

Para controlar o aforamento, a atención presencial será, como habitualmente, de 9,00 a 14,00 horas só polo sistema de cita previa. As citas poderanse pedir a partir da última semana de xuño no Portal de Emprego Galicia (emprego.xunta.gal) no servizo telefónico 012.

A renovación automática da demanda seguirá vixente ata o 30 de setembro para evitar desprazamentos innecesarios.

Durante o estado de alarma, lembra a Consellería, o persoal das oficinas seguiu traballando e atendeu unha media de 2.400 chamadas diarias. Realizou máis de 150.000 trámites para as persoas demandantes de emprego.

Emprego. EUROPA PRESS - Arquivo
Emprego. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta