Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 17:46
Representantes dos sindicatos CIG, UGT e CCOO, ademais de transportistas do carbón, cortaron as entradas e saídas da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez para impedir que a empresa eléctrica poida retirar destas instalacións algunhas pezas.
Segundo aseguraron representantes sindicais a Europa Press, tiveron coñecemento esta mesma mañá de que se estaban desmontando dúas das bombas de recirculación que dan servizo a outros tantos grupos de produción enerxética.
Tras coñecer esta decisión, a denominada Mesa das Pontes decidiu convocar unha concentración urxente para impedir a saída destes equipos, obxectivo que lograron.
O responsable da Federación de Industria da CIG nas Pontes, Alberte Amado, trasladou que este tema se preguntou o pasado luns á empresa na mesa convocada polo Ministerio de Transición Ecolóxica, asegurando que "non tiña previsto desmantelar nada ata a realización das probas de viabilidade con combustibles alternativos ao carbón".
"Agora temos que bater con isto", censurou para advertir de que a empresa "está a incumprir a súa palabra".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.