'Deixémonos querer', a campaña na Coruña polo Día do Orgullo Concello LGTBIQ+

Por E.P. | A Coruña | 26/06/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A cidade da Coruña loce desde este venres as cores do Orgullo baixo o lema 'Deixémonos querer', nunha campaña organizada en colaboración coas entidades LGTBIQ+.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Orgullo, desde esta tarde e ata o domingo a praza de María Pita lucirá as cores do movemento LGTBIQ+ "que se verán reflectidas nuns círculos proxectados no chan, mentres que a fonte de Cuatro Caminos tamén se iluminará coas cores da súa bandeira que ondea xa na fachada da Domus".

A efeméride completarase cun programa de actividades que terán lugar en distintos espazos da cidade. "A pesar de ser un Orgullo atípico pola pandemia, que fixo que as entidadesdecidieran cancelar a manifestación para evitar actividades que supoñan concentración de público, o Concello non quere deixar de conmemorar un día que nos lembra a necesidade de seguir loitando polos dereitos das persoas LGTBIQ+", indica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta