G. Caballero promete matrículas universitarias gratuítas fronte a un PP que "pon en risco" o público

Apela ao seu pasado como profesor universitario e comprométese a aumentar o número de docentes e investigadores nos tres centros de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/07/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse a defender o tres universidades públicas galegas desde o goberno galego fronte a un Partido Popular que "pon en risco" o sistema público. Así se pronunciou en declaracións aos medios durante un paseo pola feira de Ordes (A Coruña) e antes de reunirse cos reitores das universidades galegas e o ministro de Ciencia e Educación, Pedro Duque, en Moaña (Pontevedra).

Nunha intervención na que lembrou que "hai un ano" nestas épocas estaba "a corrixir exames" na Universidade de Vigo --onde é profesor de Economía Aplicada--, Gonzalo Caballero subliñou que o goberno que el "presidirá" fará "bandeira da defensa da universidade pública" así como do "impulso da ciencia e a innovación".

MATRICULAS GRATIS

O candidato do PSOE á Xunta anunciou o seu compromiso para ofrecer as "primeiras matrículas nos graos universitarios" de xeito totalmente gratuíto, á par de ampliar o corpo docente e nvestigador "ofrecendo máis contratos para a necesaria renovación xeracional do profesorado". "Imos incrementar a nosa aposta en I+D+i para facer fronte aos retos dixitais, a unha transformación dixital que é máis necesaria que nunca, como evidenciou a pandemia do coronavirus", engadiu.

Neste sentido, sostivo que os socialistas son a "mellor garantía" para gobernar Galicia en defensa da universidade pública. "Cumpriremos coas universidades públicas galegas porque o PP pon en risco o sistema público, ao PP non lle gusta a universidade pública", indicou.

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, visita a feira de Ordes (A Coruña). PSDEG
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, visita a feira de Ordes (A Coruña). PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta