O sector sanitario non se acovarda ante Vox e manterá a súa concentración en Vilagarcía

O sindicato sanitario Prosagap celebrará este venres unha concentración en Vilagarcía á mesma hora e mesmo lugar onde Vox tamén realizará un mitin con Espinosa de los Monteros.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 02/07/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O sindicato Prosagap realizará este venres día 3 de xullo ás 20:00 un acto para a reivindicar a mellora das condicións laborais no sector sanitario. Esta concentración realízase no marco de reivindicacións dos sanitarios para unha sanidade pública de calidade. A concentración terá lugar na Praza de Galicia en Vilagarcía de Arousa.  Á mesma hora e no mesmo lugar está previsto un mitin do partido ultradereitista Vox. O principal reclamo para este acto electoral é a presenza de Iván Espinosa de los Monteros.

Concentración de sanitarios en Santiago
Concentración de sanitarios en Santiago | Fonte: sanitarios

O acto de Prosagap foi aprobado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra, mentres que o mitin de Vox foi autorizado pola Xunta Electoral. Non obstante, Vox tivo o seu permiso con posterioridade á aprobación outorgada a Prosagap.

O Concello de Vilagarcía tenta buscar unha solución para que non exista coincidencia ante hipotéticos roces entre as dúas concentracións. “Polo que entendemos, o Concello non debeu ser informado pola Xunta Electoral” din desde Prosagap. De momento non houbo resposta por parte das autoridades con competencias tanto sobre a concentración de sanitarios como sobre a de Vox.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

¿Qué opina Vox sobre a vacunación obrigatoria?. Informadevos. Eu teño xa outro motivo mais para non votar por ese partido.