Santiago mantén a incógnita sobre o oferente ao Apóstolo

Bugallo asegurou que non lle corresponde a el "dicir nada" ata que a Casa Real decida facer público o nome "oficialmente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2020 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

Sen novidades para a ofrenda ao Apóstolo. O Concello de Santiago mantén a incógnita acerca da elección do oferente que protagonizará os actos tradicionais con motivo do 25 de Xullo.

Este mesmo luns, o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, foi preguntado directamente en rolda de prensa, na que asegurou que non lle corresponde a el "dicir nada" ata que a Casa Real decida facer público o nome "oficialmente".

"Penso que non", contestou, referíndose a se repetirá de novo como oferente, aínda que tampouco se descarta do todo á espera de que exista unha confirmación oficial.

En caso contrario, sería o segundo ano consecutivo no que o rexedor asumiría o rol na ofrenda ao Apóstolo. Este papel adoita recaer, á súa vez, no presidente da Cámara autonómica ou no do Goberno galego, que nesta ocasión estarían en funcións debido á proximidade das celebracións coas eleccións autonómicas.

En todo caso, o Goberno local xa está a preparar as medidas de cara ás próximas festividades. Este luns deu o visto e prace á ampliación do horario de peche dos locais de hostalaría durante o Apóstolo e en San Roque, que afectará as noites do 13 ao 31 de xullo e do 7 ao 16 de agosto.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo (2i), e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo (2d), participan na Ofrenda ao Apóstolo. César Arxina - Europa Press - Arquivo
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo (2i), e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo (2d), participan na Ofrenda ao Apóstolo. César Arxina - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Lercha da Ría

Yolanda Díaz ou Pablo Iglesias serían ideáis... Xa teñen experiencia en axeonllarse ante o Borbón e camarilla. Tamén pode ser candidata Ana Pontón (para daquela xa superou a resaca e precisa novas metas profesionais) ou o Lores que aplauden nas paparotas reais coruñesistas e tanto adoran a "fiesta nacional" dos señoritos de Pontevedra.

1 Kim Il Sung

A ver se lle fan a proba PCR ao apostolo, a ese taco de madeira que os volve tolos, non vaia ser que entre tanra aperta, compartir a auga bendita e darse a paz, esa xentiña se nos contaxia. E logo, que fariamos den eles? quen nos ia aledar coas suas paiasadas?