Educación acusa os sindicatos de "irresponsabilidade" na negociación do protocolo de adaptación á COVID-19

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/07/2020 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación cualificou este xoves a actitude dos sindicatos de "irresponsabilidade" e instoulles a negociar o protocolo de adaptación á nova realidade post COVID-19 para o inicio do próximo curso.

Mesa sectorial de Educación
Mesa sectorial de Educación | Fonte: Europa Press

Así o expresou a Xunta despois de que os sindicatos se levantasen este xoves da mesa sectorial que debía abordar este protocolo, segundo Educación, "ao negarse a calquera negociación que non pasase pola retirada íntegra do documento".

Educación explicou que, "ante a decisión dos sindicatos de non facer achegas construtivas ao protocolo", o documento "continuará a súa tramitación e será analizado polo Comité intercentros de seguridade e saúde laboral". Unha vez recibido o visto e prace deste comité, será enviado aos centros "para que poidan ir preparando o inicio" do próximo curso.

A Consellería de Educación defendeu a mesa sectorial como "órgano de negociación entre a Administración e as organizacións sindicais" e apuntou a vontade da Xunta de "atender as demandas" dos sindicatos, algo que, di, "quedou xa plasmado no compromiso de facerlle test serolóxicos a todo o persoal dos centros educativos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta