Sen concretar a docencia universitaria: pode ser presencial ou a distancia en función do virus

As universidades galegas teñen deseñados distintos escenarios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/07/2020 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O reitor da USC, Antonio López, explicou que xa se perfilaron "as distintas alternativas", para o unicio do curso escolar dado que as cousas "cambian dun día para outro" e se recollen "diversos escenarios". Así, aposta por "manter unha presencialidad segura, con garantías", "coa máxima normalidade", pero avisa de "a ver que pasa de aquí ao 21 de setembro".

Aula da USC
Aula da USC | Fonte: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

E é que, segundo dixo nun encontro coa conselleira de Educación, "depende de se hai un brote nun sitio", aínda que hai "distintos escenarios predefinidos, non é o que pasou en marzo". E, aínda que recoñece que "vai haber dificultades para os centros", confía en "recuperar a normalidade".

Sobre o convenio da Xunta de tres millóns de euros para cubrir as necesidades das universidades pola pandemia, Antonio López sostén que cada universidade o destinará á previsión de destino que contemple máis necesaria, pois "se están xerando uns gastos excepcionais".

Así mesmo, o reitor da UDC, Julio Abalde, relata que se elaborou un plan de continxencia de marco xeral para a universidade coruñesa, mentres "están a terminar todos os centros os seus plans de contixencia propios" para definir como vai ser a docencia.

A continuación, incide que tamén se ten en conta unha resposta a unha posible situación de confinamento total, coas distintas intensidades de formación "híbrida" contrempladas, entre presencial e telemática. Ademais, resalta que están "perfectamente preparados para garantir aos estudantes que van ter unha docencia de calidade", con "unha carga importante de presencialidad".

Este venres, a conselleira de Educación entregou aos reitores da USC e a UDC as mencións de Máster Universitario Excelente a titulacións universitarias oficiais destas institucións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta