Nace a Asociación de Concellos do Camiño na Ría de Muros-Noia

Será presentada en Santiago o 3 de agosto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2020 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela acollerá o luns, día 3 de agosto, a firma para a constitución oficial da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, integrada polos 9 municipios polos que discorre este camiño: Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago de Compostela.

O obxectivo principal do que nace esta entidade, segundo adiantaron é o "desenvolvemento, defensa e promoción deste itinerario xacobeo", para o que propoñen un proxecto "aberto e integrador".

Por iso, a asociación contempla a opción de integrar en calidade de asesores ou integrantes de mesas sectoriais a entidades de carácter público ou privado como 'membros amigos', sempre que teñan entre os seus obxectivos o desenvolvemento, defensa e promoción do Camiño da Ría de Muros Noia.

O acto de constitución oficial servirá, ademais, para aprobar os seus estatutos de funcionamento, orzamento e programa de accións para este ano, ademais de designar a xunta directiva da asociación e os seus representantes oficiais.

Vista da ría de Noia
Vista da ría de Noia | Fonte: Ría de Muros e Noia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta