Feijóo urxe ao Goberno solucións "inmediatas" para evitar o peche de Alcoa San Cibrao

Apunta á necesidade de contar cun marco eléctrico competitivo a curto prazo tras a oferta de Liberty House.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/08/2020 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, urxe ao Goberno central a achegar solucións "inmediatas" para evitar o peche de Alcoa San Cibrao. Así se expresou a través dun comunicado na última xornada de negociación do despedimento colectivo na planta da Mariña, á vez que comité de empresa e dirección de Alcoa en España están reunidos en Lugo.

Feijóo
Feijóo | Fonte: Europa Press

"É necesario seguir traballando conxuntamente para afrontar este asunto vital para o futuro de Galicia", asegurou Núñez Feijóo.

Despois de que Liberty House mostrase o seu interese pola compra do complexo de Alcoa, Núñez Feijóo demanda ao Goberno que "a viabilidade da planta "pasa necesariamente por dispor de forma inmediata dun prezo eléctrico competitivo, cando menos ata que se poida garantir a viabilidade a medio prazo".

CARTAS A MINISTRAS

Feijóo enviou senllas cartas ás ministras de Transición Ecolóxica e Industria ante o incerto futuro da planta de aluminio de Alcoa San Cibrao, que vive horas decisivas.

De tal forma, pide á ministra de Industria información e documentación das actuacións do Goberno para poder fundamentar con máis detalle o expediente do ERE, así como incumprimentos de Alcoa na concesión de axudas e as súas posibles obrigas de devolucións en caso de ERE. Tamén pide todos os requirimentos que evidencien que o custo de pechar é maior que retirar ou ampliar as consultas do ERE.

Pola súa banda, empraza á ministra de Transición Ecolóxica a que concrete un marco enerxético que garanta o mantemento da actividade industrial e os postos de traballo de San Cibrao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta