En corentena seis traballadores do cátering que acudiu a unha reunión familiar vinculada co brote de Avión

A tres deles se lles realizou a PCR, na que deron negativo.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 06/08/2020 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

Seis traballadores da empresa de cátering, do grupo Mochi, que acudiu a unha reunión familiar vinculada cun brote con tres positivos por COVID-19 en Avión (Ourense) atópanse en corentena. Así o confirmou a Europa Press o responsable do grupo Mochi, Gustavo Sobral, quen puntualizou que a tres deles se lles realizou a PCR, na que deron negativo, e outros tres atópanse á espera de ser citados a esta proba.

Cortegazas, en Avión
Cortegazas, en Avión | Fonte: Estevoaei - Wikipedia.

Todos eles, destacou Sobral, atópanse en corentena "por precaución máis que nada". "Segundo nos dixeron, o risco era moi baixo porque non houbo unha exposición continua", comentou, para matizar que "non estiveron sen máscara".

Sobral concluíu que o seis traballadores "están perfectamente".

BROTE

Un caso de coronavirus COVID-19 importado detectado no municipio ourensán de Avión --a unha muller de 77 anos-- orixinou un brote con outras dúas veciñas deste concello infectadas --de 74 e 70 anos-- supostamente tras un encontro familiar.

Segundo informaron fontes da área Sanitaria de Ourense, o diagnóstico dun caso de COVID-19 nunha muller de 77 anos residente en avión e procedente de México, que acudiu ao seu médico de cabeceira por síntomas compatibles, puxo en marcha o protocolo de seguimento dos seus contactos estreitos e o seu illamento en domicilio.

O seguimento dos contactos realizados pola área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco en relación a este caso unha vez realizados os rastreos e estudos correspondentes, neste momento "contabiliza outros dous novos casos positivos en dúas mulleres do mesmo concello de 74 e 70 anos de idade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta