A investigación a Ana Pontón encende as redes: "te crees Dios para ir difamando a quien quieras?"

A apertura de dilixencias á política divide ós tuiteiros de todo o estado entre a solidariedade e os que celebran a acción da Fiscalía: "mucho hablar de corrupción pero ellos son iguales".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2020 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Como non podía ser de outro xeito, o anuncio de que a Fiscalía abrira dilixencias previas contra varios políticos do Estado -entre eles a portavoz nacional do BNG Ana Pontón- por supostas inxurias á Coroa vén de recoller reaccións positivas e negativas nas redes sociais, dende os que apoian a "ilegalización" dos "partidos anticonstitucionais" ós que se solidarizan coa posición da política nacionalista.

A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Xunta de Galicia, Ana Pontón, no Parlamento galego durante unha entrevista para Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 22 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo
A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Xunta de Galicia, Ana Pontón, no Parlamento galego durante unha entrevista para Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 22 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo

Aínda que Ana Pontón comparte o dubidoso privilexio de ser investigada polo Ministerio Fiscal co vicepresidente da Generalitat Pere Aragonès e a deputada no parlamento andaluz Teresa Rodríguez (Adelante Andalucía) multitude de tuiteiros a nivel estatal volcáronse na discusión relativa á política galega. 

As reaccións de apoio á política nacionalista tamén xurdiron no seo das fronteiras galegas.

Da outra banda, o anuncio da Fiscalía tamén colleitou mostras de agradecemento ou aprobación por parte de diversos tuiteiros que celebraron a apertura de dilixencias ós tres políticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta