Deixar tirada unha máscara nas rúas de Abegondo pode saír moi caro

O Concello anuncia que sancionará con ata 6.000€ de multa ós que deixen residuos na vía pública.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O Concello de Abegondo vén de dar un paso máis na loita contra os depósitos incontrolados de lixo na rúa cunha nova ordenanza sancionadora que prevé castigar ós que deixen lixo na vía pública.  A regulación, implementada nun pleno telemático que tivo lugar este luns cos votos a favor do goberno local (PP), pretende "disuadir á cidadanía de cometer condutas incívicas", como sería "deixar os seus residuos na vía pública en lugar de recorrer aos servizos de recollida do Consorcio da Mariñas".

Unha máscara tirada no mar
Unha máscara tirada no mar | Fonte: diarioecología

Para evitar estes comportamentos, a ordenanza tipifica tres niveis de infracción -leve, grave e moi grave- que poderían carrexar sancións económicas de entre 60 e 6.000 euros. Dende o consistorio apuntan a que a nova ordenanza irá acompañada dunha campaña para informar ós veciños e veciñas do municipio e que a proposta do Concello foi realizada atendendo ás recomendacións do Consorcio das Mariñas, que xa aprobara esta ordenanza tipo de réxime sancionador nun pleno de xuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta