Exposicións sobre Castelao, David Rubín e fotos do confinamento, protagonistas do outono de #Afundación

Haberá ata catro exposicións diferentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2020 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de Abanca, comezará no outono un novo ciclo expositivo nas súas salas galegas con mostras sobre o grafismo de Castelao, o autor de cómic David Rubín e fotografías do confinamento, entre outras.

En 'Galicia en albas', varios fotógrafos profesionais galegos mostras distintos aspectos do confinamento. Unhas imaxes acompañadas por textos de Inma López Silva.

Pola súa banda, 'Castelao grafista' mostra a súa evolución tanto estilística como teórica neste campo. Inclúe desde pezas de 'Cousas' ata de 'Estampas de Guerra'.

'Sacrificio e ascensión. Quince anos de cómic de David Rubín', onde se recollerán as distintas etapas no cómic do autor galego. Ademais, ofrecerase 'Cromática. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea'.

'Vivir o mar' mostrará fotografías de Philippe Plisson para sensibilizar sobre o estado dos mares e océanos tras o seu paso por 50 países nos últimos 25 anos.

Castelao, caricatura de Lluís Bagaría i Bou
Castelao, caricatura de Lluís Bagaría i Bou

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta