Pais e nais entregarán sinaturas para pedir á Xunta que lles permita decidir se envían aos seus fillos a clase

O secretario de Estado de Educación, Alejandro Tiana, defendeu a concertación coas comunidades autónomas para garantir que o sistema educativo funcione, algo que "non sempre é sinxelo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia



Un grupo de portavoces da plataforma Dereito a Ensino sen Risco de Pandemia entregará este mércores preto de 2.000 sinaturas recollidas de forma presencial por toda Galicia para instar á Xunta a que se permita aos pais decidir se envían ou non aos seus fillos aos centros mentres non se garante a seguridade ante a COVID-19.

Os asinantes esixen que se adopten os protocolos sanitarios e educativos adecuados para un inicio do curso seguridade en Primaria e Infantil, con garantías efectivas para a saúde dos membros da comunidade educativa e o dereito ao ensino dos nenos, sobre todo ante unha posible segunda onda da epidemia.

Estes protocolos deben ser consensuados, insisten, ademais de pedir que se habiliten solucións electrónicas para garantir unha educación a distancia adecuada e que non se deixe a ningún neno atrás.

Uns portavoces da plataforma, que agrupa a unhas 750 familias, acudirán este mércores ao rexistro de San Caetano para facer entrega das firmas recollidas.

Xel desinfectante nun pupitre. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo
Xel desinfectante nun pupitre. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

CONCERTACIÓN COAS CCAA


O secretario de Estado de Educación, Alejandro Tiana, defendeu a concertación coas comunidades autónomas para garantir que o sistema educativo funcione, algo que "non sempre é sinxelo" á vez que destacou que a pandemia serviu para profundar sobre cales son os modos de organizar un sistema tan descentralizado como o español.

"O modo que un ministerio como o noso, que ten as competencias en boa medida transferidas, ten que traballar para asegurar que o sistema educativo funciona ten que estar baseado na concertación e a procura de acordos territoriais e interautonómicos. Iso ten as súas propias canles e ritmos e non sempre é sinxelo, menos nunha situación como esta", dixo.

Tiana concedeu unha entrevista con 'Cadernos de Pedagoxía' que recolle Europa Press e que foi difundida este luns 24 de agosto, un día antes de que Unidas Podemos, socio do Goberno, criticase a "falta de liderado" da ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, na 'volta ao cole'.

O secretario de Estado considera que non se debe facer o mesmo en todo o territorio, pero si cre que algunhas cousas deberían coodinarse para que fosen semellantes, aínda que non sexan idénticas, algo que considera un "desafío".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta