A Xunta prepárase para impoñer corentenas "forzosas" ante o aumento de casos

A policía poderá desaloxar locais "inmediatamente" no caso de detectar "incumprimentos manifestos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2020 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

A Xunta proporá regular as corentenas para habilitar instrucións para "sancionar" no caso de que se incumpran as medidas de illamento, e publicou unha orde o Diario Oficial de Galicia (DOG) para "facilitar o labor das forzas e corpos de seguridade e dos concellos" no "control dos espectáculos públicos" de forma que poderán suspender eventos e desaloxar locais.

Diso informou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico, na que explicou que a Administración autonómica facilitará as inspeccións ante "incumprimentos manifestos" e posibilitará que os axentes poidan "tomar medidas inmediatas".

En concreto, a orde do DOG publicada este mércores sinala que a evolución da situación sanitaria en Galicia pon de manifesto a necesidade de establecer determinadas medidas de prevención no caso de espectáculos públicos e actividades recreativas que se celebren en establecementos ou espazos abertos ao público tendo en conta que "supoñen actividades nas que se poden producir aglomeracións" e a "relaxación das medidas de prevención".

No texto, lémbrase que nestas actividades "deberán cumprirse" todas as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias, e que a Xunta e os concellos, no ámbito das súas competencias, "deben velar polo cumprimento da lexislación". Para iso, o DOG sinala que estas administracións contan con facultades como as de inspección e control e, en particular, as de prohibición, suspensión, clausura e adopción das medidas provisionais previas á incoación dos expedientes sancionadores, de medidas cautelares e de imposición de sancións.

A estes efectos, o texto sinala que poderán realizar inspeccións as forzas e corpos de seguridade e os funcionarios con competencia na materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, "son prexuízo das que poida realizar o persoal funcionario doutros órganos e unidades administrativas no exercicio das súas competencias". No "suposto de incumprimento das medidas de prevención", os axentes "poderán adoptar de forma directa", tras o requirimento ás persoas responsables, as medidas de "suspensión inmediata" da actividade así como "o desaloxo e precinto dos establecementos abertos ao público".

REGULACIÓN DAS CORENTENAS

Ademais, Feijóo propuxo que se habilite un protocolo sobre as corentenas que inclúa instrucións para "sancionar" no caso de que se incumpran as medidas de illamento. Na súa intervención, o máximo mandatario autonómico explicou que, "aínda que en termos xerais a cidadanía responde con absoluta responsabilidade" ás medidas de corentena e illamento, "é necesario ter claro que criterios seguir e que facer".

Con todo, Feijóo non tardou en apuntar que devoverá a pelota ó goberno central, asegurando que "non ten sentido" que un país como España, o que incumpre unha corentena teña unha sanción "en función de cada comunidade". Ademais, sinalou que "se non hai ningunha normativa estatal", a Xunta "non renuncia" a establecer unha normativa específica para Galicia que conte co respaldo do Parlamento de Galicia.

O Titular Do Goberno Galego Reúnese Por Videoconferencia Co Comité Clínico De Expertos Sanitarios. Xunta de Galicia
O Titular Do Goberno Galego Reúnese Por Videoconferencia Co Comité Clínico De Expertos Sanitarios. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Sentidiño

De verdade? A policía vai poder desaloxar os establecementos? Qué enorme avance! Qué novidade! Na vida eu vira desaloxar un bar!

1 O Miguel

Déixao, déixao. Seica está doente de ter que tomar decisións políticas e non só administrativas...