Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de "non facer os deberes" para reducir o "risco" nas aulas

Afea ó executivo popular a súa "irresponsabilidade" por estar "ausente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu a criticar este xoves a "irresponsabilidade" do goberno galego, que "non fixo nada" nos últimos meses para asegurar unha volta con seguridade ás clases, e lembrou que "o seu deber" é tomar medidas "para minorar os riscos dentro e fóra das aulas".

En declaracións aos medios antes de participar nunha reunión con representantes de Anpas en Vigo, subliñou que os socialistas están "perplexos" ao constatar que a situación da comunidade educativa "non mellorou en nada" con respecto á situación que había antes da pandemia, e denunciou que o goberno autonómico "non fixo os deberes", estivo "ausente" e non se preocupou de atender as demandas dese colectivo.

Gonzalo Caballero sinalou que "o curso debe empezar", pero debe facelo con todas as garantías, e instou a Feijóo e aos responsables de Sanidade e Educación a tomar as medidas necesarias, con cargo aos fondos que transfira o Goberno central para a volta aos colexios. "É hora de pór medidas sobre a mesa e rectificar a inacción dun goberno desbordado", proclamou.

Con respecto á afirmación do presidente galego, de que haberá menos risco de contagios nos colexios que fose deles, o secretario xeral do PSdeG tachou de "irresponsable" esa posición, vindo dun gobernante que "non tomou medidas". "Tenta botar balóns fóra e escapar das súas responsabilidades (...), o seu deber como presidente é tomar medidas para minorar os riscos dentro e fóra das aulas", sentenciou.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, en declaracións aos medios nunha foto de arquivo
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, en declaracións aos medios nunha foto de arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta