Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 12:53
O Bloque Nacionalista Galego exixe no Congreso ao Goberno español que se investigue e se depuren responsabilidades pola detención do xogador do Deportivo da Coruña, Álex Bergantiños.
“Resulta inaudito o exceso de celo e de dilixencia policial ante feitos que carecen de relevancia criminal e a súa falta de actuación en casos de verdadeira gravidade” destacou o deputado Néstor Rego.
Os nacionalistas critican un uso indebido dos recursos policiais nesta actuación, como afirma a propia xuíza do Xulgado nº3 da Coruña, que cualifica de sorprendente a actuación da Liga de Fútbol Profesional e de intempestivo o arresto e afirma no seu auto xudicial, que se malgastaron os recursos públicos nun asunto sen relevancia.
Esta denuncia prodúcese cando a LFP soubo que o Deportivo da Coruña solicitou ao Consello Superior de Deportes o cesamento inmediato de Javier Tebas como Presidente.
O BNG insta ao Goberno central que solicite ante o Consello Superior de Deportes a inhabilitación de Javier Tebas como Presidente da Liga de Fútbol Profesional. Os nacionalistas ven totalmente censurábel a aparente influencia de determinadas persoas para lograr unha actuación interesada por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
CRÍTICAS CONCELLO DA CORUÑA
Por outra banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, lamentou a actuación do Consello Superior de Deportes (CSD) no caso da viaxe delFuenlabrada á cidade herculina o pasado 20 de xullo e esixiulle "medidas contundentes" contra LaLiga e o equipo madrileño.
Nun comunicado, afirma que "o organismo público que ten que velar pola seguridade no deporte debería adoptar medidas" contra ambos os "xa que admitiron a súa responsabilidade nun feito quepuso en risco a saúde pública."
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.