Por E.P. | A CORUÑA | 02/09/2020 | Actualizada ás 14:56
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acusou ao Goberno central de "falta de orzamento" para a rexeneración da ría do Burgo. Nunha visita a unhas obras na Coruña, a responsable autonómica rexeita que o problema sexa "un mero papel", en referencia á dispoñibilidade dos terreos que esixe o Executivo estatal.
"O problema da rexeneración da ría non pode ser un mero papel", advertiu Vázquez, que reprocha falta de colaboración á Administración do Estado. "Se hai vontade real, búscanse solucións, aténdese ao teléfono e axilízanse reunións", afirmou.
Segundo a conselleira, a demora dos trámites para iniciar as obras na ría do Burgo responde a outra cuestión. "Esta actitude do Goberno España fainos pensar que o problema real é máis grave e que é a falta de orzamento para o dragado", finalizou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.