O funcionario que fixo negocios con narcos nomeado Xefe de Servizo

Cando Evaristo Juncal cesou como delegado dunha consellería do Goberno Feijóo tras as noticias sobre as súas vendas de empresas a testaferros de narcotraficantes non volveu a súa praza. A súa muller logrou unha concesión dunha minicentral a dedo, que logo foi vendida a un procesado na Operación Nécora.

Por Walter Burns | Caldas | 01/04/2013 | Actualizada ás 23:33

Comparte esta noticia

Unha concesión hidroléctica outorgada pola Xunta a dedo a esposa do ex-líder do PP de Caldas de Reis está hoxe en mans de José Alberto Aguín Magdalena, coñecido como o Rubio de Aios. Aguín Magdalena foi encausado na Operación Nécora como número dous do narcotraficante Sito Miñanco. O Rubio de Aios é administrador único da minicentral, segundo comprobou GC no Rexistro Mercantil. 

Evaristo Juncal, daquela delegado da Consellería de Infraestructuras e Medio Ambiente, e o delegado da Xunta en Pontevedra da Xunta nunha visita oficial do Goberno a unha obra
Evaristo Juncal, daquela delegado da Consellería de Infraestructuras e Medio Ambiente, e o delegado da Xunta en Pontevedra da Xunta nunha visita oficial do Goberno a unha obra

O  ex-líder do PP de Caldas, o funcionario Evaristo Juncal, demitiu en 2010 do seu posto como delegado da Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras. Fíxoo cando El País desvelou que fixera negocios con persoas relacionadas co narcotráfico, incluídos  Marcial Dorado, o delincuente co que ía de vacacións Alberto Nuñez Feijóo, e o Rubio de Aios.

Curiosamente, tras abandonar este cargo. Evaristo Juncal non retornou a súa praza de funcionario. 

Juncal segue ocupando un cargo de responsabilidade

Fontes sindicais informaron a GC que a Xunta nomeouno responsábel de Protección Civil en Pontevedra. Consultados por GC, voceiros oficiais do Goberno Galego aseguran que "Evaristo Juncal, funcionario da Administración autonómica, ocupa a xefatura de servizo de Emerxencias na provincia de Pontevedra aproximadamente dende hai dous anos".

É dicir, o Gobero de Feijóo degradouno -pasou de delegado provincial dunha consellería a xefe de servizo provincial- pero non o apartou de responsabilidades, como sería de esperar para unha persoa que fixo negocios con testaferros de narcotraficantes.

A Xunta teulle outro posto de responsabilidade en Emerxencias, malia non estar especializado nin ter experiencia para esta tarefa. O que se coñece vulgarmente como unha "patada para arriba".

Concesión a dedo á muller do funcionario

Cómpre ter en conta ademais que a concesión hidroléctrica foi outorgada a dedo.Era 1999 e a Xunta repartía centrais mediante autorizacións administrativas, sen concurso, o que facilitou a especulación. Os 5.000 kilowatios hora do Río Oca foron a parar a muller do funcionario, que xa daquela era responsábel local do PPdeG e posteriormente chegou alto cargo do Goberno.

A empresa en cuestión chámase Enxeñería dos Recursos Enerxéticos, S.L. e, segundo adiantou El País en 2010, non é a única minicentral que pasou da familia do político do PP a persoas vinculadas co tráfico de drogas. 

En 2011 púxose en marcha a central Río Barra en Coles con 1.275 megawatios. Está operada por Minicentrales 2000 S.L., empresa da que é administradora Maria Luisa Vila Fabeiro, viuda de O Patoco, condenado ao igual que o seu marido por narcotráfico. Así o contrastou hoxe GC no Rexistro Mercantil.

Tamén fixo negocios co falecido Cruz, o amigo común de Feijóo e o narco

Ademais, Evaristo Juncal fixo negocios con Manuel Cruz. Trátase do chófer da Xunta que presentou a Nuñez Feijóo ao narcotraficante Marcial Dorado.

O presidente admitiu este luns que eran amigo do falecido Cruz (morto nun accidente en extranas circunstancias) pero asegurou descoñecer que fora testaferro de Dorado. En concreto, a familia Juncal vendeulle a contorna de Dorado a empresa J.F. Oil, hoxe chamada Gasóleos de Caldas.

Grazas á contribución dos seus lectores, GC publicará nos próximos días novos datos das relacións económicas de familiares de cargos do PPdeG con persoas presuntamente relacionadas co blanqueo do capitais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 eueu

eStraÑO, si...

2 Ozo

"Enxeñería dos Recursos Enerxéticos" Xa poñerlle E.R.E de nome a unha SL é ter mal gusto1

1 Miguelito3

Solo contais la parte que os interesa. Que hay de las gasolineras y las bolsas de Dorribo? Eso no interesa?