As relacións do PPdeG co narcotráfico

"Nené" Barral, Pablo Vioque, Manuel Díaz "Ligero", Alfredo Bea, José Manuel Vilas e Luis Jueguen Vilas ou Vicente Otero, "Terito", son históricos do PP ou militantes desta formación relacionados co contrabando ou co narcotráfico. Fraga e Albor tamén mantiveron encontros con contrabandistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/04/2013 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A amistade que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo co narco galego Marcial Dorado nos anos noventa non é un caso aillado dentro do PPdeG. Precisamente, militantes e mesmo dirixentes desta formación foron condenados por delitos de contrabando e de narcotrafico ao longo dos últimos 25 anos.

Unha das comidas que Fraga tivo con destacados dirixentes populares da Arousa a principios dos noventa na que tamén estaba Rajoy
Unha das comidas que Fraga tivo con destacados dirixentes populares da Arousa a principios dos noventa na que tamén estaba Rajoy

O propio Dorado fora detido pola súa vinculación co contrabando a finais dos oitenta. E a pesares diso, Alberto Núñez Feijóo mantivo unha amistade con el que se estendeu varios anos.

Os dous exemplos máis destacados da relación que existiu entre os populares e os xefes da droga ou do tabaco dos anos oitenta e noventa son Vicente Otero, "Terito" e José Ramón Barral, "Nené".

"Terito" e "Nené" Barral

"Terito" foi o auténtico padriño do tabaco na comarca de Arousa nos anos oitenta. Grazas ao tráfico de "cajetillas"  fíxose millonario e tamén unha persoa respectada e querida polos seus veciños. "Terito" formou parte do Partido Popular, partido que chegou a concederlle a medalla de ouro pola súa adicación.

Mariano Rajoy no Moropa
Mariano Rajoy no Moropa

Outro das grandes figuras do diñeiro negro do PPdeG foi "Nené" Barral, alcalde de Ribadumia por este partido durante dúas décadas e valedor durante moitos anos do actual presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Este dirixente popular tivo que dimitir na primavera de 2001, despois de que a Garda Civil o colleu cun cargamento de tabaco e foi imputado por fraude e evasión fiscal.

"Ligero" e "Chito"

Pero ao longo dos últimos 25 anos existiron outros militantes e dirixentes non exentos de polémica. Un deles foi Manuel Díaz González, "Ligero", alcalde popular de A Guarda nos oitenta e amigo persoal de Manuel Fraga. Este ex rexedor amasou presuntamente a súa fortuna co contrabando de tabaco a Portugal. 

Tamén a comezos da pasada década era detido Ramón Longa Vidal, alcumado "Chito" e militante do PP en Vilagarcia de Arousa, nunha operación dirixida polo xuíz da Audiencia Nacional Juan del Olmo. A Policía relacionouno co contrabando de mil quilos de cocaína interceptados en Portugal. 

Pablo Vioque

Varios militantes do PP, que despois aparecerían citados con profusión en informes da policía e instrucións xudiciais, fixeron os seus primeiros pasos en política. Un dos casos máis sonados foi o de Pablo Vioque, secretario da Cámara de Comercio de Vilagarcía e militante de Alianza Popular na mesma cidade e, no seu día, moi vinculado ao entón vicepresidente da Xunta con Albor, Xosé Luis Barreiro.

Pablo Vioque, avogado de coñecidos narcos, caeu en desgraza cando a policía e a xustiza consideraron probado que xa non era un simple avogado e que estivera detrás dalgún alixo de cocaína. Na época de ouro do narcotráfico en Galicia -finais dos oitenta e os noventa--, Vioque traballaba na Cámara de Comercio de Vilagarcía con dous curmáns; Luís Jueguen Vilas, vicepresidente desta entidade e con cargos no PP de Vilagarcía e José Manuel Vilas, tesoreiro da cámara e un dos rostros máis coñecidos do PP local dos anos oitenta. Precisamente, Vilas foi asasinado en marzo de 1992 logo de que ambos os dous curmáns se reuniran nun parque público de Benavente con dous sicarios colombianos.

Alfredo Bea

Outro condenado por contrabando foi o ex alcalde de O Grove, Alfredo Bea Gondar. Nas municipais de 1983 foi elixido alcalde do Grove por Convergencia de Independientes de Galicia, pero pasouse pouco despois con todos os concelleiros a AP. Volveu ser elixido alcalde do Grove en 1991 como cabeza de lista da Agrupación Vecinal Independiente (AVI), pero non chegou a tomar posesión, pois foi destituído o 20 de xuño de 1991 logo de ser encarcerado pola súa presunta relación cun alixo de cocaína. Foi condenado por un delito de branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico en 2005.

A comezos dos 90, e antes da súa saída de AP, o hoxe presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, paseouse por esta localidade nun autobús cargado de militantes fraguistas con pancartas que rezaban “Resiste Alfredo, AP está contigo”.

Recentemente, o narcotraficante de Cambados Laureano Oubiña afirmou nunha entrevista á revista Vanity Fair que no seu día financiou tanto a AP "cando Manuel Fraga estaba ao temón", como aos centristas de Adolfo Suárez. Unha revelación que non colleu por sorpresa a moitos logo da vinculación do ex secretario xeral do PPdeG, Pablo Cresco, co financiamento irregular do PPdeG nos anos noventa.

Diñeiro negro

As detencións de Pablo Vioque e José Ramón Barral, "Nené", entre Maio e Xuño de 2001, puxeron en evidencia que os negocios sucios e a corrupción política de determinados cargos do PP. Non foron os unicos cargos do Partido Popular vinculados en asuntos de tabaco ou de drogas. Así, Alfredo Bea Gondar, expresidente da cámara municipal de O Grobe polos populares, foi procesado pola súa participación en operacións de miles de quilos de cocaína xunto ao avogado Pablo Vioque e outros narcotraficantes. 

Precisamente, algúns destes cargos populares, como "Nené" Barral utilizaron, segundo o xuíz que o condenou, a súa posición na Deputación de Pontevedra para realizar facturas por traballos nunca realizados. Unha destas facturas foi emitida a nome dunha empresa cuxos titulares eran persoas próximas do narcocontrabandista Baltasar Mouta Piñeiro. Mouta estivo asociado con "Nené" en negocios de tabaco, da mesma maneira que o narcotraficante Manuel Carballo Jueguen. 

Albor e Dorado

O semanario Novas da Galiza publicou que tanto Manuel Fraga coma Gerardo Fernández Albor mantiveron encontros con coñecidos contrabandistas arousáns. Así, apunta este medio que os lugares habituais de encontro de Manuel Fraga cos narcocontrabandistas eran os bares-restaurantes "Santos", "Benito Calteiro", "La Sirena" e "Alúmina", na localidade pontevedresa de Vila Nova de Arousa.

"Vioque tem comido com Manuel Fraga em mais de umha ocasiom no Parador de Cambados. Naquelas datas era freqüente que estivessem acompanhados à mesa por tam ilustres comensais e sobejamente conhecidos como Luís Falcón, “Falconetti”, ou Vicente Otero Pérez, “Terito”, sócio habitual em todo o tipo de negócios do narcodelator Manuel Carballo Jueguen, outro dos ilustres financiadores do PP. Todos e cada um dos comensais tenhen contribuído em mais de umha ocasiom com quantidades acima dos 50 milhons de pesetas para os “populares”, sinala o Novas.

Tamén recolle que en 1984, o entón presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, acompañado por quince altos cargos do goberno autonómico mantiveron un encontro con varios tabaqueiros refuxiados en Portugal logo de que o novo executivo do PSOE de Felipe González puxera prezo ás súas cabezas. Os dous encontros, segundo este medio, celebráronse nos hoteis "Adegas" e "Monte Faro", próximos de Valença do Miño. Os contrabandistas solicitaronlle ao presidente galego que intercedesse por eles perante Madrid. Alén de Albor, Vioque e a longa lista de funcionarios autonómicos, tamén estiveron presentes por parte da Xunta o vicepresidente Xosé Luis Barreiro e o seu segundo, Alejandro López Lamela. Algúns dos tabaqueiros que se encontráron con Albor foron José Manuel Ferrazo, Marcial Dorado Baulde, Manuel Nieto e José Luis Vilela, experto en evadir divisas para a Suiza. 

Unha información que tamén recolle Manuel Rivas nunha cŕonica de El País en 1984; " El establecimiento A Boega fue anteriormente noticia como escenario de un encuentro "casual y muy breve", según la versión oficial, entre varios de los procesados huidos y el presidente de la Xunta, Gerardo Fernández Albor, que se encontraba en el local cenando con autoridades portuguesas. Este conato de entrevista, el 6 de julio, no fue protagonizado por el grupo de los llamados servandos, como se informó en algunos medios, sino por Marcial Dorado, José Luis Paz, Benigno Suárez y José Barreiro. Trataban de que Albor intercediera ante la justicia. El asunto mereció un debate en el Parlamento gallego, a raíz de una interpelación socialista".

Rajoy no Moropa

 

O caso máis recente de fotos comprometedoras aconteceu en 2009, en vésperas das eleccións europeas, cando o actual presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e entón líder da oposición, protagonizou un acto electoral no iate Moropa, propiedade do coñecido clan de narcotraficantes dos Caneos, que confesaron introducir cocaína a España polas costas galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

7 Galicia Confidencial

Varios comentarios eliminados por conter insultos. No GC pódese opinar dende calquera ideoloxía pero con educación. Grazas á inmensa maioría que participa con sentidiño.

6 Negrín e Foucellas

Eureka, dacordo contigo, pero falta unha pata para sustentar esa trepia: a droga da relixión e o poder da igrexa, xa que todos os domingos perdóalle a eses narcos e políticos de dereita o que fan pola semana. É dicir, teñen o perdon e a bendición de San Pedro e de Deus. Agora explicamos todos, incluso que sigan gañando esta dereita ladroa, mintireira e asasina de razóns e de vidas.

1 o que hai que oir

Faite mirar...

5 Keile

Fraga, Rajoy, Feijóo, son santos que fan a cotío o milagre de converter o falso en verdadeiro. Afortunadamente Deus deixa evidencias, dando testemuñas dos seus prodixios marabillosos. Non reparastes en que na foto con Dorado na que Feijóo leva o timón do iate ten neve pegada ao seu corpo malia ser tempo de verán e estar os dous tomando o sol? Milagre divino! Alabámoste, señor!

4 blancolexitimo

Hai outra Galicia que esixe pista: heterodoxa, con aires de libertaria e sen complexos. Unha Galicia interesada en sumar e á marxe dos acenos fascistas, dos salvapatrias e dos adolescentes tardíos. Unha verdaeira Galicia Libre e dona de si para estar en cada instante no lugar que lle convén á maioría dos galegos, e nos as élites políticas e sindicales corruptas. Eso: http://youtu.be/IvpawvsREhs

1 Arquiveiro

De verdade? pois deben esconder cada vez que hai eleccións porque sempre gañan os mesmos...

3 Eureka

É simple de entender. Os cartos e o poder van da man. Se un político quere poder arrimase a xente con cartos (narcos) para conseguir máis apoios e poder. Se un narco quere limpar cartos arrimase ao político para conseguir leis ao seu favor. Así funcionaron as caixas. As caixas teñen cartos, pois aló foron os políticos a gobernalas e cando lles coveu fixeron que políticos lexislaran ao seu favor, coma coas preferentes. ¿Son malos os cartos ou o poder? Non. Son malas as persoas.