Reunión entre asociacións de atención á diversidade e Educación sobre o protocolo para a diversidade funcional

Segundo a consellería de Educación, atenderanse "as recomendacións e pautas sanitarias" e as reclamacións dos distintos colectivos, co fin de asegurar un curso "seguro e eficiente" para todos os alumnos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reuniuse este luns con representantes dunha trintena de asociacións e entidades de atención á diversidade co obxectivo de abordar o protocolo específico para alumnado con diversidade funcional.

O texto profundará en dúas vertentes: as pautas de prevención básicas individuais e colectivas, e as pautas de carácter organizativo, que terán en conta a dimensión asistencial que acompaña á educativa nalgúns de lestes casos e con persoal non docente de apoio á autonomía persoal.

O documento, segundo explicou Rodríguez, tomará como base "as recomendacións e pautas sanitarias" e as reclamacións dos distintos colectivos, co fin de asegurar un curso "seguro e eficiente" para todos os alumnos. Así mesmo, contarase coa avaliación e asesoramento do novo comité educativo.

Aula baleira.
Aula baleira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta