As residencias privadas forman unha asociación para "defenderse" da súa "criminalización"

Aseguran que foron estigmatizadas en base a casos "illados" e "descontextualizados". Destacan a vontade de comunicación coa Xunta.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Primeiro paso de cara á organización no sector da dependencia galego. Nas últimas xornadas vén de ser comunicada a conformación da Asociación Galega do Sector da Dependencia (AGASEDE), unha agrupación patronal de empresas de residencias de maiores e centros de día, entre outras sociedades "de capital fundamentalmente galego".

Un traballador protexido é visto por un dos cristais da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo, Galicia (España), a 8 de setembro de 2020. A Xunta interveu o xeriátrico tras detectar 99 positivos máis en covid-19, 94 de e. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador protexido é visto por un dos cristais da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo, Galicia (España), a 8 de setembro de 2020. A Xunta interveu o xeriátrico tras detectar 99 positivos máis en covid-19, 94 de e. Carlos Castro - Europa Press

A plataforma, conformada o pasado 22 de xullo, nace co obxectivo de "crear canles de comunicación entre as empresas do sector e a administración", en particular coa Xunta de Galicia. De feito, a asociación xa anunciou que vén de "solicitar audiencia" cos titulares das consellerías de Política Social e Sanidade. Segundo destacan, teñen previsto solicitar a creación dunha "mesa de traballo" para potenciar a "coordinación socio-sanitaria".

Porén, no seo do negocio das residencias privadas resulta difícil esquecer as cifras de mortos rexistradas na primeira vaga de pandemia, así como os primeiros casos de falecementos que están a ter lugar en centros deste tipo nas últimas semanas. Dende a plataforma aseguran que o sector foi "criminalizado" e subliñan a súa vontade de "defenderse" fronte a "xeralizacións" que tiveron lugar arredor de casos "descontextualizados" ou "illados"; segundo publica Faro de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xesús Ateo Recalcitrante

(Ven do anterior) Falta de persoal necesario, condicións de traballo abusivas, falta de atención médica e de enfermaría axeitada ao tamaño, exceso de residentes para a capacidade real dos establecementos e, sobre todo, FALTA DE CONTROL DOS MESMOS POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA, parecen estar detrás de todos estes tristes acontecementos ocorridos nas residencias de maiores. Así que non nos veñan con contos e aceiten as súas responsabilidades; e igualmente a Consellería de Política Social e o máximo responsable da Xunta de Galicia, o seu Presidente Núñez Feijóo. Estes últimos que asuman que son incompetentes para dirixir administracións que deban fornecer á poboación servizos públicos de cualidade, ben porque non saben ou ben (o que sería peor) porque non queren. Que se vaian!

1 Xesús Ateo Recalcitrante

Eu non dubido de que hai residencias de maiores privadas nas que a incidencia das defuncións e contaxios por COVID-19 foi mínimo ou que puidera situarse dentro do nivel normal a calquera sociedade. Mais non podemos esquecer que hai empresas que xestionan establecementos dese tipo (incluso con inmobles de titularidade pública pero xestinadas por elas para obter beneficio) nas que o nivel de contaxios entre residentes e persoal foi excesivamente elevado, así como o altísimo número de defuncións entre os seus residentes. Se citamos a Domus Vi e á fundación do cura Moure non descubrimos nada novo; e posiblemente algunha outra empresa máis. (Continuará)