Sada, o primeiro concello galego en pedir a celebración dun referendo sobre a monarquía

Tamén reclama que se investiguen as contas de Juan Carlos I e se lle retire o título de rei emérito.

Por Galicia Confidencial | Sada | 25/09/2020 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

O Concello de Sada aprobou este xoves unha moción na que piden que se investigue, e no caso se condene, ao monarca español emérito Juan Carlos I, pola suposta evasión fiscal de millóns de euros. Ademais, a moción reclama a posibilidade de que sexan os cidadáns os que decidan se queren ou non a monarquía a través dun referendo,

O rei emérito
O rei emérito | Fonte: RTVE

A proposta saíu adiante cos votos favorabeis de Sada Maioría, BNG e Alternativa dos Veciños, coa abstención do PSOE e co voto contrario do PP. A plataforma Galiza pola República e polo dereito a decidir, impulsora da proposta, destacou a importancia que ten ter aprobado esta iniciativa en forma de moción.

Para esta plataforma, integrada por diversas organizacións de carácter político, sindical, cultural, veciñal e mesmo persoas a título individual, o resultado da mesma "resulta tanto máis transcendente canto que trátase da primeira votación institucional que pon en entredito o papel da Monarquía en Galiza".

A este respecto, felicita ao concello de Sada por "situarse á vangarda dun movemento cada vez máis numeroso para desmontar progresivamente o fantasma perdurábel da ditadura e o seu entramado de intereses aínda afincados en moitos rincóns de Galiza como o Pazo de Meirás ou a Casa Cornide". Agora agarda que este acordo poida extenderse a outros concellos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Amancio

Nostrus xa che explicamos moitas veces que no 78 non houbo referendum a respeito da monarquía, e tampouco sobre ningunha desas cuestións. Primeiro porque no 78 se votou a Constitución, toda ela e non unha parte dela (todos sabemos que todo e parte son cousas diferentes). E segundo porque a monarquía reinstauronse ANTES da constitución ser aprobada. Xa sabemos que o españolismo non se distingue polo seu rigor, non teimes en facelo evidente.

1 nostrus

El referendum sobre la monarquia ya se hizo en el 78 al estar ésta incluida en la Constitucion, igual que las autonomias o la oficialidad de las lenguas distintas del castellano. Ahora bien si alguien pide un referendum separado para la monarquia, otros con el mismo derecho pueden pedir un referendum separado para ver si aceptamos las autonomias o para decidir como queremos que sea la oficialidad lingúisitica española, que decidamos que lengua ponemos como oficial para todos y si las aceptamos a todas. Mejor no jugar a referendums porque los carga el diablo.

1 Moine

Nom houvo nengum referendo sobre a monarquia. No paquete referendar tinhas que carregar com ela por ditado dos poderes fácticos do momento (Banca, Vaticano, Exercito, Embaixada norte-americana) que ainda seguem sendo hoje, senom franquismo puro e duro seria a continuidade. O conto era eleger entre terrorismo de Estado (franquismo) ou permissividade política (borbonismo)

2 nostrus

Ti debes ser moi novo e non sabes de que vai a cousa, pero eu recordo o referendum do 78 no que votou o pobo e dixo SI a Constitucion tal como estaba e na que se podian crear autonomias....¿houbo algunha pregunta separada para ver si queriamos autonomias?, ¿houbo algunha pregunta para ver si admitíamos ao galego como lingua oficial?. Pois eses referendums son tan lexítimos como o da monarquia ¿ou acaso non?.