Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/10/2020 | Actualizada ás 19:46
O sindicato CIG protagonizou este xoves diversas protestas por todo o territorio en defensa dunhas pensións públicas dignas e o impulso dun sistema galego de atención a cidadá.
As mobilizacións celebráronse ante os edificios administrativos do Goberno central e da Xunta da Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo e repetiranse todos os meses ata finais deste ano.
En concreto, denuncian que a crise económica está a servir de escusa á UE para esixir reformas no sistema público de pensións e advirten da debilidade deste colectivo, que en Galicia cobra menos de 706 euros.
É por iso que defenden que o sistema é "viable" sempre que exista "vontade política para tomar as decisións adecuadas" e reclaman que se fixe por lei unha pensión mínima equivalente ao salario mínimo interprofesional e que se revaloricen anualmente como mínimo co IPC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.