Nova directiva de hipotecas: unha boa noticia para Europa e Galicia

Si o PSdeG non fose un partido cainita en proceso concursal de autoliquidación e suicidio, deixando orfos para as dúas próximas lexislaturas aos votantes socialistas, esta semana centraría a súa atención pública non na martingala das primarias, que non interesa a ninguén máis que aos seus propios embigos, si non nunha importante nova de raíces socialistas galegas e de ámbito, alcance e repercusión europea.

Por Valentin Carrera | Compostela | 28/04/2013

Comparte esta noticia
Mais, como o PSdeG é un partido cainita en proceso consursal de autoliquidación e suicidio, fai luz de gas á nova, que este cronista e o Parlamento Europeo consideran de verdadeiro alcance cidadán: “O socialista español Antolín Sánchez Presedo foi o ponente responsable de negociar a futura directiva europea por parte da Eurocámara”. [Ver a noticia na web do Parlamento Europeo. Nin unha palabra na web do PSdeG]. 
 
En efecto, a Unión Europea prepara unha nova directiva comunitaria sobre créditos hipotecarios, “coa que pretende asegurar unha maior protección ao debedor hipotecario, suprimindo dos contratos as cláusulas abusivas”. Foron dous anos de negociacións entre os Vintesete, a Comisión Europea e o Parlamento que o pasado luns deron luz verde á nova lei ou directiva, cuxo ponente foi un europarlamentario galego, de Betanzos, concretamente.
 
A nova directiva da que Sánchez Presedo foi relator, impón nos futuros contratos hipotecarios requisitos como a información previa, a prohibición de vinculación a outros produtos ou servizos financeiros, a flexibilidade para amortizar débeda, a dación en pago acordada entre as partes e outros moitos matices que evitarán o abuso continuado por parte da banca que todos sabemos.
 
Non escoitei ao enredador Paco Vázquez, ao trileiro Pachi ídem; á media ducia de candidatos emerxentes, aos dous expresidentes da Xunta, aos alcaldes imputados, ao exministro aparcado, ao Dux de Vigo… ¡a ninguén!; non escoitei a ninguén do PSdeG recoñecer, felicitar, aplaudir publicamente este traballo parlamentario dun compañeiro seu que beneficia a millóns de cidadáns europeos e, directamente, a miles de familias galegas afectadas pola hipoteca
e en expectativa de desafiúzo.
 
¡Parabens a Antolín Sánchez Presedo!: nestes momentos, non saír na web do seu propio partido empeza a ser unha boa noticia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Valentín Carrera Valentín Carrera, Ponferrada, 1958, escritor e xornalista, analista político en Galicia Confidencial, no blog Tornarratos.com, no Semanal Digital e no Faladoiro da Radio Galega. Dirixe a editorial eBooksBierzo. O seu último libro "Pescanova Crimen Perfecto”, aborda a estafa piramidal do caso Pescanova [http://www.paradiso-gutenberg.com/pescanova/].