Larsa nega a existencia dun brote na súa planta de Vilagarcía e di non ter constancia de tests aos empregados

A empresa atribúe o caso dun terceiro contaxio, do que este luns se facía eco o Sergas, "a un traballador que deu positivo hai varias semanas e que xa está totalmente recuperado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2020 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Corporación Alimentaria Peñasanta (CAPSA), grupo de empresas ao que pertence Larsa, negou este martes a existencia dun brote de coronavirus na factoría láctea de Vilagarcía de Arousa, tal e como apuntaban fontes sanitarias.

Segundo informou Capsa, nas últimas semanas detectáronse dous casos de traballadores da factoría arousá de Larsa que deron positivo en covid-19. "Un deles mesmo xa recibiu a alta médica e está a piques de reincorporarse ao traballo, polo que non se pode falar dun brote", sinalan.

Así mesmo, a empresa atribúe o caso dun terceiro contaxio, do que este luns se facía eco o Sergas, "a un traballador que deu positivo hai varias semanas e que xa está totalmente recuperado".

Ademais, Capsa asegura non ter constancia de que estea previsto facer test PCR a todos os traballadores do persoal de Larsa en Vilagarcía. Segundo informa a empresa, realizáronse dez test aos contactos directos dos dous traballadores afectados e todos eles deron resultados negativo.

Desde a firma láctea afirman que a fábrica de Larsa de Vilagarcía opera con total normalidade, extremando os protocolos de seguridade, desinfección e hixiene para evitar calquera posibilidade contaxio, tanto interno como chegado desde o exterior.

Leite con castaña | Larsa
Leite con castaña | Larsa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta