Os encoros galegos baixan a case o 50% da súa capacidade mentres Bárbara cruza Galicia

Na última semana perderon 41 hectómetros cúbicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2020 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

Os encoros galegos perderon na última semana 41 hectómetros cúbicos de auga e sitúanse ao 53% da súa capacidade total, segundo o boletín hidrolóxico semanal emitido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Unha situación que se produce cando Galicia está sufrindo estes días as consecuencias da borrasca Bárbara.

En concreto, os encoros da conca Miño Sil perderon no últimos sete días 25 hectómetros cúbicos de auga e conteñen 1.577 dos 3.030 de capacidade total, un 52%.

Pola súa banda, os de Galicia Costa baixaron en 16 hectómetros cúbicos de auga, ata os 394, o que supón o 57,6% dos 684 de capacidade total.

Encoro do Eume
Encoro do Eume | Fonte: Colectivo Terra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta