Boborás e O Carballiño mostran a súa preocupación polos efectos económicos das novas restricións

As alcaldías destacaron que "vían vir" esta medida porque, ante o incremento paulatino de casos, "pouco máis se podía facer xa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

Os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás enfróntanse desde esta medianoite a novas restricións decretadas polo comité clínico de expertos, que prohibiu todas as actividades non esenciais no tres municipios, medida que se suma ás limitacións que xa tiñan impostas, como as reunións exclusivas de convivientes e o confinamento perimetral.

Ante esta situación, as alcaldías destacaron que "vían vir" esta medida porque, ante o incremento paulatino de casos, "pouco máis se podía facer xa". No entanto, expresaron a súa preocupación polos efectos económicos que poida ter esta medida.

Sobre 18.000 veciños da comarca de Carballiño enfróntanse así a unha situación similar á que viviron en marzo. Durante os próximos 14 días, segundo estimou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, os negocios hostaleiros e de restauración permanecerán pechados e quedarán suspendidas as actividades recollidas na norma de espectáculos públicos e actividades recreativas, é dicir: cinemas, teatros, auditorios, recintos deportivos, ximnasios e piscinas, ademais da hostalaría.

É precisamente neste ámbito no que se mostra máis preocupado Francisco Fumega, rexedor do Carballiño, que admitiu que a restrición "era de esperar", posto que "algo había que facer" ante o incremento continuo de casos.

Fumega confiou en que esta medida "supoña un alivio para o Concello" que, recoñece, está nunha "situación moi grave", posto que se atopa na cabeza dos datos de contaxios de Galicia.

O alcalde indicou que a hostalaría é "un dos negocios principais do municipio", polo que o goberno local tentará implementar axudas para "paliar a crise económica que se lles aveciña e na que xa está parte deste sector", no entanto tamén apelou a que outras administracións "establezan axudas" para estes sectores.

BOBORÁS

No concello de Boborás a situación tamén é preocupante. A día de hoxe ten 28 casos, cando a semana pasada, no momento no que se produciu o confinamento da área perimetral, contaba con 17.

Este aumento intranquiliza á alcaldesa, Patricia Torres, quen puxo de relevo que "a medida é entendible" e lembrou que non se pode estar todos os días pedindo "responsabilidade social".

Do mesmo xeito, a rexedora expresou tamén a súa preocupación pola situación económica que teme para o municipio, co peche das actividades non esenciais, en especial, do mesmo xeito que no Carballiño, para o ámbito da hostalaría.

Patricia Torres destacou que "moitas familias" viven na localidade deste sector, que "foi dos máis afectados" o inicio da pandemia polas medidas, aínda que admitiu que "se os expertos" decidiron este tipo de restricións "serán porque son necesarias".

A alcaldesa apelou, finalmente, ao "bo comportamento cidadán", ao que lle esixiu que "teña en conta" que é unha enfermidade que "non ataca só aos mozos", se non tamén "a idades máis avanzadas" e que hai que evitar que cheguen a padecer esta enfermidade os máis maiores.

Concello de O Carballiño
Concello de O Carballiño

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta