Sanidade traballa na elaboración de plans de continxencia especiais para cadros respiratorios

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que os plans terán en conta "a situación asistencial de cada centro e área sanitaria".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade avanzou que o Servizo Galego de Saúde traballa coas xefaturas das áreas sanitarias na elaboración de plans de contigencia para patoloxías de carácter respiratorio, que contarán con circuítos diferenciados nos hospitais e centros de saúde.

O desenvolvemento desta medida foi anunciada polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa intervención no Parlamento de Galicia para responder a unha interpelación formulada pola deputada do BNG Montse Prado.

Alí, García Comesaña sinalou que os plans terán en conta "a situación asistencial de cada centro e área sanitaria", onde se desenvolverán circuítos para os pacientes que presenten cadros de problemas respiratorios.

O obxectivo deste plan de Sanidade pensado para entrar en funcionamento a finais deste ano, segundo recalcou o seu titular, é preparar ao Sergas para a conviviencia de patoloxías como a gripe coa situación "extraordinaria" derivada da pandemia.

Así, continuou, as áreas sanitarias contarán con "información actualizada" da situación epidemiolóxica e asistencial de cada centro. Todo iso, segundo García Comesaña, para que os profesionais "avalíen" de forma "máis rápida" o impacto das patoloxías respitarias na atención dos seus centros.

CRÍTICAS DO BNG

Pola súa banda, a deputada do BNG puxo en cuestión que estes plans cheguen agora, sete meses despois da chegada da pandemia a Galicia, o que demostra que "unha vez máis" a Administración autonómica vai "ao tran tran" confiando en que "a sorte" acompañe.

Para a parlamentaria, trátase de "desvestir a un santo para vestir a outro" pois, di, estes plans elaborados pola Xunta "non" van acompañados da dotación económica necesaria para a súa posta en marcha.

"A custo cero non se pode dar resposta a unha situación excepcional", aseverou a deputada nacionalista, que demandou á Consellería de Sanidade a que "faga contratos decentes" como medida para evitar que os profesionais "se marchen" de Galicia.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña.. XUNTA/CONCHI PAZ / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña.. XUNTA/CONCHI PAZ / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta