Unha auxiliar de enfermaría do Hospital Juan Cardona de Ferrol contaxiouse de COVID dúas veces en sete meses

"A inmunidade que se presumía que podía ter non se produciu, xa que ou foi unha inmunidade curta ou neste caso non a houbo", explican desde a xerencia do hostital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2020 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia


Unha auxiliar de enfermaría do Hospital Juan Cardona de Ferrol contaxiouse de coronavirus en dúas ocasións durante os últimos sete meses, ambos os positivos confirmados por probas PCR.

Así o trasladou o xerente do hospital ferrolán, Francisco Soriano, que incidiu en que ambas as ocasións presentou "síntomas leves".

"A inmunidade que se presumía que podía ter non se produciu, xa que ou foi unha inmunidade curta ou neste caso non a houbo", explicou.

Por aquel entón, a traballadora superou a enfermidade no seu domicilio, xa que no seu estado non necesitaba de ingreso, e reincorporouse tras pasar catorce días na súa casa e dar negativo a PCR.

Esta mesma auxiliar de enfermaría sentiu de novo molestias leves o pasado sábado, e volveu dar positivo nunha nova proba, o que obrigou a pór en marcha o protocolo de novo.

Actualmente mantense en corentena, "evolucionando ben" e en seguimento domiciliario. Así mesmo, todas as probas practicadas aos traballadores da unidade deron "negativo".

Axuntando vantaxes da PCR e do test rápidos, RAP-IDE19 pretende aumentar a fiabilidade dos diagnósticos de COVID-19. /. FERNANDO ZHIMINAICELA/UCC-UCM - Arquivo
Axuntando vantaxes da PCR e do test rápidos, RAP-IDE19 pretende aumentar a fiabilidade dos diagnósticos de COVID-19. /. FERNANDO ZHIMINAICELA/UCC-UCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta