Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2020 | Actualizada ás 18:39
As Catas dos Viños, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia 2020 desenvolveranse entre o luns e o venres da semana próxima no hotel A Quinta da auga, en Santiago de Compostela.
Unha vintena de expertos serán os encargados de valorar en catas totalmente a cegas máis de 400 mostras que foron recollidas nos últimos días por persoal da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural.
Para optar ás catas, este ano inscribíronse 267 mostras de viño branco e 141 de tinto procedentes de 155 adegas do cinco denominacións de orixe vitivinícolas. Así mesmo, rexistráronse un total de 25 mostras amparadas polas indicacións xeográficas de augardentes e licores tradicionais. Neste caso, oito eran de augardente de Galicia, sete de licor de herbas, sete de licor café, dous de augardente de herbas e unha de augardente envellecida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.