Os menores de 21 anos de Lalín poderán viaxar a Santiago gratis en autobús a partir de 2021

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2020 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

Os menores de 21 anos do municipio de Lalín poderán viaxar gratis en autobús interurbano a Santiago de Compostela a partir de 2021 co cartón 'Xente Nova'. Así llo trasladou ao alcalde lalinense, José Crespo, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, nunha reunión na que tamén lle trasladou que o próximo ano todos os veciños deste concello poderán utilizar o cartón de transporte metropolitano para obter descontos do 10 por cento no billete.

Estas iniciativas, segundo informa a Xunta, enmárcanse dentro dos novos contratos do Plan de Transporte Público de Galicia, que estará culminado en xaneiro e que implica unha reordenación de todas as liñas de autobuses dependentes da Administración autonómica.

Ademais, a conselleira de Infraestruturas comunicou ao rexedor que o Goberno galego xa deu luz verde á creación da área de Transporte de Galicia, á que os concellos poderán adherirse para así estender as bonificacións a toda a Comunidade.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reúnese co alcalde de Lalín, José Crespo.. XUNTA
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reúnese co alcalde de Lalín, José Crespo.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta