O litoral galego continuará este luns en alerta laranxa por temporal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

O litoral galego, desde Ribadeo á Guarda, continuará este luns en alerta laranxa por un temporal que seguirá deixando forte ondada en toda a costa da comunidade. O aviso por ondas permanece activo no litoral desde o sábado, cando se decretou para a costa da Coruña unha alerta que foi ampliada despois tamén a Pontevedra.

Así, segundo a predición de Meteogalicia, espérase mar de fondo con ondas de entre cinco e seis metros. O temporal remitirá levemente na noite do luns, cando o aviso pasará a ser de cor amarela.

Por todo iso, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE), informou da declaración aos concellos, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos afectados, entre outras entidades.

Neste contexto, a Xunta lembra a importancia de que as persoas se manteñan afastadas da liña de costa e doutras zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar a persoas ou obxectos. Tamén se aconsella realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta