A Xunta pide ao Goberno que defenda o acordo pesqueiro na UE ante o fin das negociacións do Brexit

O Goberno galego pide incluír ás rexións prexudicadas pola concentración de máis buques nas súas zonas de traballo polo abandono de augas británicas na repartición da reserva de axuste do Brexit para compensar aos afectados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, demandaron ao Goberno central que defenda vincular o acordo de pesca ao do libre comercio ante o fin das negociacións do Brexit.

Así o trasladaron este martes na súa participación por videoconferencia na 63ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea.

O Goberno galego pide incluír ás rexións prexudicadas pola concentración de máis buques nas súas zonas de traballo polo abandono de augas británicas na repartición da reserva de axuste do Brexit para compensar aos afectados.

Tamén solicita un decreto de medidas transitorias para que os barcos de bandeira británica e capital galego que faenan no Gran Sol poidan manter as súas operacións en portos galego.

EXPORPYMES

Noutra orde de cousas, este martes a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou de forma virtual na inauguración do encontro Exporpymes 2020, onde destacou a aposta da Xunta pola internacionalización de pemes galegas para mellor a súa competitividade.

Deste xeito, Rosa Quintana remarca que a gran capacidade exportadora das pemes galegas é un dos factores que poden contribuír a que Galicia salga antes da crise polo coronavirus.

O buque Lalandi de Nueva Pescanova chega a Namibia.. NUEVA PESCANOVA
O buque Lalandi de Nueva Pescanova chega a Namibia.. NUEVA PESCANOVA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta