Cogami denuncia a situación de discriminación dos menores con discapacidade na súa nova campaña

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade alerta da invisibilidade das discriminacións que padecen.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/11/2020 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) denuncia a invisibilidade das discriminacións que padecen os mozos que presentan algún tipo de discapacidade, precisamente a quen dedica o mes de novembro como parte da súa campaña '12 Chaves da Inclusión'.

Asd. COGAMI
Asd. COGAMI

En Galicia hai 7.245 menores con discapacidade de entre 0 e 15 anos, e o 10 por cento presenta mobilidade reducida. Anxo Queiruga, presidente da confederación, denuncia que estes nenos "viven moitas situacións discriminatorias" nas que se "vulneran os dereitos fundamentais".

Neste sentido, apuntou cara á "invisibilidade" polos escasos apoios que colaboran na súa autonomía persoal e escolarización, en paralelo a unha "sobreprotección" familiar.

Entre eles mencionaron os problemas en parques infantís, moitos aínda sen adaptar para estes nenos, ou a etapa escolar, con dificultades no desprazamento ao centro, falta de accesibilidade ou de persoal e profesores de apoio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta