Galicia entra de cheo no mundo lusófono

Todos os grupos do Parlamento apoian unha proposta lexislativa popular que aposta por recuperar os lazos coa lusofonía e usar o galego como potencial económico.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/05/2013 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

Galicia inicia este martes o camiño para a recuperación dos lazos co mundo da lusofonía e empregar o galego e as súas raíces comúns co portugués como potencial económico, non só co país veciño, senón coas potencias emerxentes, como Brasil.

E é que todos os grupos da Cámara --incluído o PP-- votaron a favor da toma en consideración dunha proposta lexislativa popular avalada por 17.000 firmas. Por iso, un dos portavoces da plataforma promotora, o empresario Xosé Carlos Morrel González, destacou este día como "fito histórico" xa que se dá luz verde ao comezo do camiño para "volver unir o que a historia separou".

Aprendizaxe do portugués

A lei, que será modificada en trámite parlamentario, ten como obxectivo incorporar, progresivamente, no prazo de catro anos, a aprendizaxe de lingua portuguesa en todos os niveis de ensino regulado. Ademais, pretende recoñecer especialmente o dominio desta lingua no acceso para a función pública e concursos de méritos.

Precisamente, este texto recibiu o apoio dos grupos parlamentarios un día despois de que os gobernos español e portugués aprobasen unha resolución conxunta na XXVI cume hispano-lusa, na que reafirmaron o interese de seguir promocionando "o ensino das linguas española e portuguesa nos respectivos países veciños".

Os promotores razoan esta iniciativa na dedicatoria do Día dás Letras Galegas a Valentín  Paz-Andrade,  que ademais de destacar no ámbito das letras, foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova, que converteu na primeira compañía armadora europea de buques conxeladores, e da que foi vicepresidente (1960), pero que agora se atopa en situación concursal.

Vertente económica da proposta

De feito, a vertente económica é unha dos eixos principais desta proposta. Así, en segundo termo, esta proposta quere que as relacións cos países de lingua oficial portuguesa constituísen un "obxectivo estratéxico" do Goberno galego.

Diversos medios portugueses, entre eles a RTP, a TSF ou o xornal Expreso fixeronse xa eco desta iniciativa popular para unir a Galicia co mundo lusófono.

Presentación no Parlamento da iniciativa popular 'Paz-Andrade'
Presentación no Parlamento da iniciativa popular 'Paz-Andrade'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

4 Evaristo

O portugués non lle interesa o 95% dos galegos, non hai "norma internacional" nin "galego-portugués", o unico que hai é trocar galego por portugués polo complexo de inferioridade. Pero tranquilos que ninguén vos fai caso. (Como sempre).

1 eusisomgalego

Pailán, Ti Que es Filólogo? desconheces a tua historia o no te entiendes ?

2 viva

deixao que este é o mesmo apampanado anónimo do comentario 3 soltando bilirrubina.

3 SantiBurrínguez

Me parece que Evaristo ten razón. O que queren os galegos non é portugués senón galego modelno, como falo eu. Evaristo: estos todavía non se enteraron de que en Galiza o que se fala non é o que estos roxos queren que se fale. Eu vo a propoñer no concello de Vigo unha moción para que lle pidan á RAG que o próximo ano o día das letras galegas se dedique a Evaristo y lle vo a pedir á Xunta de Galicia y ao meu amigo Feijoo que prohíban esas asociacións lusistas da lingua que temos que soprtar aquí en Galicia. Mellor sería que fixesen algunha asociación para o fomento do baile flamenco.

4 Calístenes

Pois para não nos fazer caso ninguém, já está em trâmite a Lei no Parlamento da Galiza ... :DD

5 Arribajpaña!

Hay que acabar con esa lengua de paletos hablada por ... 200 millones de personas (sólo en Brasil)! Arribajpaña!!

3 anonimo

Lo que faltaba. Están pirados.

1 viva

arriba ese ánimo Manolinho. Sabíamos que eras deses que soportan o galego sómentes estancado como dialeto do espanhol. Pero cousas como esta fan unha GZ máis grande. O nacionalismo espanhol non curte nada, claro.

2 Ângelo

Em termos económicos e culturais é um acerto o relacionamento com a lusofonia. Parabéns.

2 Xoelho

Boa noticia.

1 Costadamorte

E non sería moito mais doado ir achegando progresivamente a norma da escrita do galego ao estandar internacional?... Ahí ten algo que opinar a RAG..., e o señor Alonso Montero pode acreditar con feitos se é españolista ou non...

1 Akribéstaton

São dous processos distintos, complementares, se quiseres. Em todo caso, podes começar tu e depois utilizas o aparelho auditivo [sim, preferiria "audifone"] para dizeres aos teus netos como che foi...