Detido un home na Coruña tras acoitelar o seu compañeiro de piso

O presunto agresor está imputado por un delito de homicidio en tentativa e atópase en prisión provisional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

Un home de 58 anos foi detido por presuntamente acoitelar en repetidas ocasións o seu compañeiro de piso o 31 de outubro no seu domicilio na Coruña.

Segundo informa a Policía Nacional nun comunicado, a detención produciuse o 5 de novembro na Coruña por esta agresión realizada con dous coitelos de grandes dimensións. O agresor, que conta con varias detencións previas por distintos feitos, foi posto a disposición xudicial, tras o que se decidiu o seu ingreso en prisión provisional.

Segundo o apuntado polo relato policial, o home acoitelado, a pesar de estar "gravemente ferido", conseguiu chegar polos seus propios medios a un hospital da cidade no seu vehículo.

O ingreso da vítima en urxencias permitiu iniciar a investigación policial que determinou a cronoloxía dos feitos. Así, constatouse que a agresión se produciu por unha discusión entre o agresor e a vítima na porta do domicilio que compartían, momento en que o atacante se abalanzou sobre o seu compañeiro de piso con dous coitelos de cociña de grandes dimensións.

Unha vez identificado o autor, e dado o seu perigo, estableceuse un dispositivo para a detención do agresor no que participou o Grupo de Operacións Especiais de Seguridade (GOES) da Xefatura Superior de Policía de Galicia. No rexistro do domicilio interviñéronse as armas brancas presuntamente utilizadas e o soporte das mesmas.

Detido un home na Coruña tras acoitelar ao seu compañeiro de piso. EVMM
Detido un home na Coruña tras acoitelar ao seu compañeiro de piso. EVMM | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta