A Xunta abandona o semáforo Covid e publica finalmente os datos por concellos

Con todo, esta nova información non é total: só ofrece o número de casos nos últimos 14 días e para un gran número de municipios só proporciona unha aproximación e non a cifra exacta de casos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2020 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade incorpora desde este sábado na páxina web dedicada ao seguimento da evolución da pandemia información desagregada por municipio sobre a incidencia acumulada a 14 días.

A incorporación destes datos xa fora avanzada hai dez días polo propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen este sábado, a preguntas dos medios este sábado nun acto en Santiago, apuntou que o obxectivo é "engadir máis información" sobre a situación epidemiolóxica por localidades.

Así as cosas, o novo formato do mapa permite consultar a evolución da incidencia acumulada nos últimos 14 días en cada un dos 313 concellos galegos.

Ata o momento, Sanidade limitábase a actualizar un mapa 'semáforo' no que se establecían catro niveles de alerta marcados en distintas cores (vermello, laranxa, amarelo e verde; de maior a menor).

Un baremo que tiña distinta aplicación segundo o tamaño da localidade e a súa poboación. Por exemplo, a alerta máxima implicaba que se detectaron máis de 21 casos no últimos sete días. Con todo, nas urbes o limiar variaba en función da poboación.

Agora, Sanidade opta por achegar a incidencia acumulada empregando como parámetro os 14 días anteriores dado que, en palabras do conselleiro, ese período foi o "consensuado" no consello interterritorial de sanidade.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, durante un acto no CHUS. ANA VARELA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, durante un acto no CHUS. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta