Rescatadas tres persoas tras envorcar unha lancha en Ortigueira

Navegaban a uns 300 metros da costa.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/11/2020 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Tres persoas tiveron que ser rescatadas na tarde deste luns despois de que a lancha na que navegaban envorcase a uns 300 metros da costa fronte a Ortigueira.

O CIAE 112-Galicia recibiu a alerta sobre as 15,45 horas a través da chamada dun dos membros da tripulación da lancha envorcada. Indicaba que tres persoas estaban enriba da embarcación e en bo estado.

A continuación, o persoal do 112 alertou a Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo que, a través da mobilización da Salvamar Shaula, encargouse de rescatar a tripulación da lancha e de remolcar a embarcación envorcada ata o porto de Cariño.

Ademais, informouse os feitos á Garda Civil, ao GES de Ortigueira, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Salvamar.
Salvamar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta